Exterior do edificio, no parque de Santa Margarida. Foto: Museos Científicos Coruñeses.

Exterior do edificio, no parque de Santa Margarida. Foto: Museos Científicos Coruñeses.

Sesións especiais no Planetario da Casa das Ciencias co gallo da eclipse de Lúa

O vindeiro venres, 27 de xullo, terá lugar unha eclipse total de Lúa que poderá verse desde Galicia. A Terra interporase entre o Sol e a Lúa, deixándoa sumida nas sombras, cun ton lixeiramente avermellado. Co gallo deste fenómeno astronómico, o Planetario da Casa das Ciencias da Coruña dedicaralle uns minutos nas súas sesións desta semana.

As eclipses de Lúa pódense observar desde calquera lugar do planeta, basta con ter unha visión despexada do horizonte cara ao leste. Nesta ocasión, os lugares máis privilexiados son o leste de África e o oeste de Asia, desde onde se poderá contemplar a totalidade da entrada e saída da Lúa na zona de sombra que proxecta a Terra.

En Galicia o espectáculo verase só en parte, xa que a Lúa sairá polo sueste xa completamente eclipsada cara ás 10 da noite. Unha hora máis tarde, o noso satélite comezará a saír da zona de sombra da Terra, e poderase observar un cambio de brillo e de cor a medida que recibe de novo a luz do sol.

Durante a fase de totalidade, a Lúa non queda completamente ás escuras, porque unha pequena porción da luz solar que atravesa a atmosfera terrestre logra alcanzala. A nosa atmosfera actúa á vez como unha lente e como un filtro, xa que dispersa por completo a parte azulada da luz do Sol e deixa pasar os tons avermellados. Por ese motivo, durante a totalidade dunha eclipse de Lúa é habitual que o noso satélite se tinga cos mesmos tons que adornan os crepúsculos terrestres. Un astronauta que se atopase na Lúa durante a totalidade da eclipse vería o noso planeta ocultando por completo o disco solar e rodeado por un anel de luz avermellada.

 Carteleira do Planetario (Todos os días)

 A noite do vampiro (12 horas), A noite é necesaria (13 e 19 horas), A nena que sabía camiñar do revés (17 horas) e O ceo dunha noite de verán (18 horas).

Sábado 28 de xullo (como todos os últimos sábados de mes)

O ceo para informados/as (11 horas). Para persoas afeccionadas á astronomía con experiencia e maiores de 14 anos.

–  O ceo do mes (12 horas). Para maiores de 10 anos, axuda a descubrir o ceo das próximas semanas.

Unha resposta a “Sesións especiais no Planetario da Casa das Ciencias co gallo da eclipse de Lúa”

  1. Carlos ManueL MuÑoZ FoNTeNLa

    180723 …. soy miembro de la Asociación de Amigos de los Museos de Ciencias de La Coruña desde q se fundó …
    … me pregunto : ¿por qué esta información no nos la hacen llegar a nuestro eMaiL?

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.