"Loita na neve", unha das dúas gañadoras absolutas do concurso, do noruegués Erlend Haarberg.

"Loita na neve", unha das dúas gañadoras absolutas do concurso, do noruegués Erlend Haarberg.

As mellores imaxes da natureza poden verse no Aquarium da Coruña

As mellores imaxes da natureza poden verse ata o 31 de outubro no Aquarium Finisterrae da Coruña. A sala Isabel Castelo acolle a exposición Fotógrafos de Natureza, que amosa as fotografías premiadas no concurso GDT European Wildlife Photographer of the Year 2017, promovido pola Asociación Alemá de Fotógrafos.

O certame ten como obxectivo plasmar a beleza natural captada por fotógrafos europeos e promover o coñecemento do medio ambiente e a súa conservación. Imaxes “moitas veces sorprendentes, visualmente moi impactantes, poéticas e en ocasións divertidas, que mostran a beleza única da natureza”, segundo indican desde os Museos Científicos Coruñeses.

Imaxe do fotógrafo Fortunato Gatto, finalist na categoría de Paisaxes.

Imaxe do fotógrafo Fortunato Gatto, finalist na categoría de Paisaxes.

A exposición que se pode visitar na Coruña está composta por 84 instantáneas, as gañadoras e finalistas nas diversas categorías do concurso: Aves, Mamíferos, Outros animais, Plantas e fungos, Paisaxes, Mundo submarino, Ser humano e natureza, Forma e composición, Mellor fotógrafo/a menor de 14 anos, Mellor fotógrafo/a entre 15 e 17 anos.

Destacan as dúas fotografías gañadoras absolutas do certame. Unha delas, Incautado, da alemá Britta Jaschinski. “Estes dous tallos representan a enorme cantidade de perturbadores obxectos movidos polo contrabando en todo o mundo. O Servizo de Pesca e Fauna Silvestre dos Estados Unidos garda nun almacén de Denver un millón e medio de artigos incautados. Para mover as pezas confiscadas úsanse carros como o da imaxe. Empreguei un pano de fondo para dar algo de dignidade aos obxectos e presentar os meus respectos aos animais que perderon a súa vida en nome da avaricia, o estatus e a superstición”, di a autora sobre a imaxe.

'Incautado', fotografía de Britta Jaschinski.

‘Incautado’, fotografía de Britta Jaschinski.

A outra gañadora é unha captura de dúas lebres de montaña, realizada polo fotógrafo noruegués Erlend Haarberg, titulada Loita na neve. Haarberg conta: “Durante as primaveras dos últimos 25 anos, pasei moito tempo nos bosques de bidueiros das montañas norueguesas fotografando lebres. Trátase de animais nocturnos que, ata durante a época de apareamento, realizan a maioría das súas actividades protexidos polo manto da noite. As pelexas entre machos, sexan por comida ou por unha femia, ocorren con regularidade; no entanto son difíciles de observar debido aos seus hábitos nocturnos. Intentara durante moito tempo capturar unha imaxe tan bela como esta. A posición das lebres é perfecta e a neve, que cae con suavidade, resalta a maxia do momento”.

“Loita na neve”, unha das dúas gañadoras absolutas do concurso, do noruegués Erlend Haarberg.

Tamén cabe subliñar na exposición as imaxes de nove fotógrafas e fotógrafos españois, dúas delas gañadoras nas categorías de Outros animais, e Mellor fotógrafo menor de 14 anos.

Imaxe de Carlos Pérez Naval, gañadora na categoría de menores de 14 anos.

Imaxe de Carlos Pérez Naval, gañadora na categoría de menores de 14 anos.

Imaxe de Carlos Pérez Naval, gañadora na categoría de menores de 14 anos.

Fotografía de Cristóbal Serrano, gañadora na categoría de “Outros animais”.

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.