Xoves 28 Marzo 2024

Apúntate á aventura coas focas do Aquarium Finisterrae da Coruña

Durante os meses de outubro, novembro e decembro, o Aquarium Finisterrae dos Museos Científicos Coruñeses ofrecerá durante as fins de semana a actividade “Aventura coas focas”, unha experiencia na que se poderá participar nas tarefas de preparación da comida destes mamíferos mariños e na súa alimentación. A actividade terá lugar os sábados e domingos ás 11 horas, e está dirixida a nenos e nenas maiores de 7 anos, que deberán asistir cunha persoa adulta.

É posible prenscribir a tres persoas por solicitude, e poderase escoller entre as datas do 6, 7, 20, 21, 27 e 28 de outubro, 10, 11, 24 e 25 de novembro e 1, 2, 15 e 16 de decembro.

Publicidade

Para participar hai que preinscribirse o luns 1 de outubro entre as 10 e as 13 horas. Ofrécense 140 prazas (10 participantes por día). Unha vez confirmada a inscrición, as persoas participantes deberán abonar só o prezo de entrada ao Aquarium (excepto titulares de Tarxeta 20 e da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias), xa que é unha actividade sen custo adicional.

Podes acceder ao formulario de preinscrición nesta ligazón, a partir das 10 horas do luns.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O planetario da Casa das Ciencias estrea unha proxección para público infantil

Un filme con dous esquíos como protagonistas ensinaralle os nenos de 4 a 7 anos as condicións de vida doutros planetas do sistema solar

A Casa das Ciencias estrea novo sistema de proxección dixital no planetario

A actualización proporcionará unha experiencia con maior resolución e imaxes máis reais para trasladarnos a outros planetas
00:03:53

Unha xornada de resistencia contra as especies invasoras

Científicos, voluntarios e curiosos danse cita no Aquarium Finisterrae da Coruña para coñecer mellor estas especies e frear a súa expansión no noso ecosistema

O Aquarium Finisterrae realizará un taller de divulgación científica con focas

O próximo luns ás 10.00 horas ábrese o para a reserva de entradas para as sesións de abril, maio e xuño de 2023