Exemplar de quenlla (Prionace glauca). Foto: Alfredo López / Cemma.

Exemplar de quenlla (Prionace glauca). Foto: Alfredo López / Cemma.

Así debes actuar se atopas unha quenlla na praia

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños emite unha guía de boas prácticas para intentar salvalas ou evitar problemas maiores

A quenlla (Prionace glauca) é un peixe da subclase dos elasmobranquios que pode acadar entre tres ou catro metros de lonxitude, con dentes triangulares, cor azul escura no dorso e branca na rexión ventral e que ten costumes nocturnos. Estes días, como todos os veráns, estase detectando nas costas galegas a presenza de crías de quenlla preto das praias e as rochas. 

Estes exemplares, de entre 50 e 80 centímetros de lonxitude, poden achegarse ás veces demasiado á beira, xa que procuran alimento en augas pouco profundas. E en ocasións acaban varadas. Con motivo dalgúns achados e episodios desafortunados, como unha captura que foi denunciada a través das redes sociais, a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), emitiu unha guía de boas prácticas por medio dun dos seus coordinadores, Alfredo López. As recomendacións son estas:

– Se estás pescando e che entra nun anzol, libéraa viva e rápido o mellor que poidas.

– Se as ves vivas no mar, non as collas nin as toques.

– Se atopas unha quenlla viva varada na praia, introdúcea rapidamente no mar. Con axuda dunha toalla abonda para evitar sorpresas.

– Se atopas unha varada morta, retíraa ás proximidades dun contedor de lixo; así evitaremos que quede apodrecendo na area.

– Alerta sempre aos socorristas da situación e avisa ao 112 ou ao teléfono da Cemma (686 989 008); enviando unhas fotos por Whatsapp poderase identificar a especie, o sexo e o tamaño. A coordinadora sinala que non sempre é posible recoller os corpos, pero tratan de rexistrar todos os casos. 

2 respostas a “Así debes actuar se atopas unha quenlla na praia”

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.