Xoves 28 Marzo 2024

Un libro para coñecer a biodiversidade mariña do Ártabro

A publicación do IEO condensa o coñecemento científico sobre a produtividade biolóxica na contorna de traballo do Centro Oceanográfico da Coruña

Alén da costa galega na súa totalidade, as aguas que bañan o Ártabro posúen unha enorme riqueza biolóxica, tanto cuantitativa como cualitativa. É con motivo disto que o Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC) vén de publicar o libro Biodiversidad marina del golfo Ártabro (A Coruña): 50 aniversario del Centro Oceanográfico de A Coruña.

Composta por seis capítulos, a publicación pretende recompilar e resumir o coñecemento científico con respecto da biodiversidade mariña da zona costera-marítima do golfo porque, como explica Joaquín Valencia, científico do Centro Oceanográfico da Coruña do IEO e coautor do libro, “o coñecemento científico dos mares e dos organismos que o habitan non é só unha obriga ética de calquera sociedade asentada no litoral, senón que é fundamental para alcanzar unha explotación sostible do mar, así como para coñecer as súas ameazas e potencialidades”.

Publicidade

A modo de introdución, o primeiro capítulo do libro resume a historia da investigación mariña na zona de estudo, mentres que o segundo introduce as características físicas do golfo Ártabro, como son a xeografía ou climatoloxía. De seguido, analízanse os produtores primarios, cunha sección relativa ao placton e outra que fai referencia ás macroalgas e fanerógamas mariñas.

Os seguintes dous capítulos versan sobre a fauna bentónica da zona, abordando primeiro as comunidades faunísticas submareais e, seguidamente, aquela dos fondos duros. Finalmente, o libro conclúe coa exposición das principais especies descargadas no porto da Coruña pola frota artesanal, describindo a súa bioloxía, capturas e biometría.

Este último volume da colección “Temas de Oceanografía” foi elaborado conxuntamente por persoal científico de diversos centros de investigación e institucións como o IEO, de parte do que participaron técnicos dos centros oceanográficos da Coruña, Xixón, Vigo e Santander. Amais, contouse tamén coa contribución do Grupo de Investigación BioCost da Universidade da Coruña, de cara a fortalecer a colaboración científica entre distintas institucións.


ReferenciaBiodiversidad marina del golfo Ártabro (A Coruña): 50 aniversario del Centro Oceanográfico de A Coruña (Publicado polo Instituto Español de Oceanografía).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Así afecta o eucalipto á biodiversidade na illa de Tambo

Un estudo coordinado por Adega demostra que as áreas de maior riqueza natural son nas que hai unha menor presenza de 'Eucalyptus globulus'

Un biológo galego gaña un premio internacional pola súa tese sobre a fauna do Sáhara e Sahel

André Vicente Liz estudou máis de 100 especies de vertebrados para desenvolver estratexias de conservación da biodiversidade

Criaturas fantásticas e onde atopalas: así son as lesmas de mar en Galicia

Un grupo de científicos galegos vén de publicar un libro que analiza 120 nudibranquios tras 10 anos de investigación

Antibióticos e cremas solares acumúlanse no mar: “Descoñecemos o seu impacto”

Científicos recompilan nun libro as substancias emerxentes no medio mariño, unha materia da que existe pouca información