A Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime) e a Universidade de Vigo puxeron en marcha unha nova iniciativa solidaria en colaboración con catro empresas galegas: Lupeon, Dativic, Roviño5 e Akwel Automotive. Baseándose no traballo feito por Lupeon e Dativic, este grupo de empresas e organizacións levará a produción deste dispositivo ao seguinte nivel, a través do modelado e a inxección en plástico.
O chamado LU_Touch é un útil de apertura e peche de portas e xanelas, que permite tamén actuar como pulsador de botóns e interruptores, de forma que se evita o contacto directo con superficies e limítanse os riscos de contaxio.
O sistema foi ideado hai unas semanas por Lupeon, en colaboración coa súa empresa loxística filial Dativic. Ante a importante demanda recibida, a empresa sumou forzas con as outras dúas empresas involucradas, baixo a coordinación de Asime e a Universidade de Vigo, para poder aumentar a súa capacidade produtiva.
Así, uníronse ao proxecto Roviño5, empresa de recoñecido prestixio no sector do molde, e Akwel Automotive, fabricante de equipos e sistemas para a industria do automóbil e vehículos pesados.
Roviño5 realizou o deseño e fabricación dun molde con dúas cavidades para a fabricación de Lu_Touch mediante inxección de plástico, mentres que o proceso de inxección realízase xa desde a pasada fin de semana na planta de Akwel en Vigo.
Así, mentres que Lupeon tiña capacidade para producir un máximo de 400 pezas diarias a través da impresión 3D, a unión de forzas fixo posible producir 10.000 pezas en tempo récord, que se repartirán por toda España nos próximos días.

O dispositivo está pensado especialmente para o persoal sanitario e asistencial, corpos e forzas de seguridade do Estado e servizos sociais, pero tamén para empresas ou traballadores de calquera sector que o poidan necesitar. Conta cun deseño ergonómico que facilita o seu manexo con só tres dedos. A zona de agarre está totalmente separada da zona de contacto e ofrece a posibilidade de ser transportado colgándoo do pescozo ou da cintura. Pódese desinfectar facilmente, empregando solucións de alcol 70%, ou na súa falta con lixivia ou xabón.
Enrique Mallón, secretario xeral de Asime, destacou: “Desde a asociación seguimos impulsando con toda a nosa determinación iniciativas solidarias para achegar o noso gran de area á loita contra o coronavirus. Esta iniciativa en concreto é de gran relevancia, a nivel nacional e mesmo internacional, pola súa singularidade e pola gran acollida que está a ter en centros sanitarios. Confiamos en que nos próximos días miles de profesionais sanitarios e forzas de seguridade e demais persoal clave poidan traballar de forma máis fácil e segura grazas a este dispositivo solidario”.
O LU_Touch é un sistema ergonómico, manexable con tres dedos e fácil de desinfectar
Pola súa banda, investigadores da Escola de Enxeñería Industrial e do centro de investigación Cintecx-UVigo reiteran a súa colaboración con Asime e o tecido empresarial galego nestas iniciativas solidarias. “Este proxecto en concreto é a suma de forzas con diversas empresas que conseguiron en tempo récord o deseño do molde e a entrada producción”. Así mesmo, desde a UVigo aseguran que con esta acción tentan “devolver o que a sociedade nos dá, aínda que se trate de pequenas contribucións”.
Miguel Barquero, director xeral de Akwel Automotive, manifestou: “Estamos moi satisfeitos de participar nun proxecto solidario desta magnitude. Logramos industrializar un proceso produtivo en tempo record, en tan só cinco días, cando o normal son semanas na industria aeronáutica”.
Impresión 3D
Por parte de Lupeon, Luis Mandayo, director xeral, destacou: “En Lupeon e Dativic puxemos en marcha a idea e deseño orixinal desta peza, que naceu hai unhas semanas por impresión 3D. Agora conseguimos dar un paso relevante unindo forzas con outras empresas e organizacións, coas que chegaremos a unha produción de ata 10.000 pezas grazas ao proceso de inxección en plástico”.
Roviño5 declarou: “A urxencia da situación e a relevancia deste proxecto levounos a sumarnos a esta iniciativa, poñendo toda a nosa capacidade produtiva en deseñar e fabricar un molde nun tempo record de tan só tres días”.
Muy interesante y demostrativo del intelecto de todos.Roberto