Consellos personalizados para aforrar enerxía no fogar

José Rodríguez, Pablo Otero e Enrique Comesaña coñecéronse cando estudaban Física na Universidade de Santiago de Compostela. Mentres realizaban o doutorado, comezaron a idear un proxecto empresarial vinculado ao coidado do medio ambiente e o aforro enerxético. Preocupados polo aumento da factura da luz e polo potencial de redución do consumo que podería haber en moitas casas, decidiron madurar a idea e convertela nun proxecto real.

“Reducir un 20 por cento da factura eléctrica é sinxelo”, din desde NUbINGS

“Naquel momento non había ningunha idea semellante para o eido doméstico”, lembra José Rodríguez, agora CEO de NUbINGS, unha plataforma desenvolvida por estes tres mozos galegos que ofrece consellos de aforro enerxético personalizado para as vivendas. “Reducir un 20 por cento da factura é sinxelo”, afirma José. É dicir, que unha casa podería aforrar, en promedio, uns 300 euros anuais.

Publicidade

NUbINGS componse de dúas ferramentas: un gadget e unha app. O gadget (dispositivo cunhas pinzas amperimétricas) colocase no cadro eléctrico da casa e mide por separado o consumo de cada circuito de electricidade (consumo xeral, iluminación, lavadora, lavalouza, neveira, etc.). Despois envíanse os datos a través da conexión de Internet á plataforma na nube, á que se pode acceder dende calquera dispositivo móbil.

Unha das pantallas da ferramenta de NUbINGS, con indicacións personalizadas.
Unha das pantallas da ferramenta de NUbINGS, con indicacións personalizadas.

Conta José Rodríguez que a plataforma ten un funcionamento “moi intuitivo e sinxelo. Divídese en varias seccións, nas que se pode, por exemplo activar alarmas por se hai apagamentos ou sobrecargas, se algún aparello queda aceso, ou establecer límites de gasto en cada circuíto”.

A ferramenta está á venda desde setembro

Non en tanto, a sinal de identidade de NUbINGS é a das suxestións de aforro personalizado para cada vivenda segundo as súas características: aconsellan cómo optimizar a tarifa eléctrica (cambiando a pauta de cobro ou reducindo a potencia) ou cómo reducir o consumo en iluminación e en electrodomésticos, cambiando os dispositivos existentes por outros máis eficientes. Para iso, o usuario deberá aportar datos sobre os tipos de iluminación e aparellos que hai na casa. NUbINGS fai o resto: en base a estes datos, ofrece consellos a medida para cada caso.

Todas estas medidas pódense observar nunha vivenda piloto que a empresa ten ás aforas de Santiago, na que se amosa o antes e o despois da labor de asesoramento que realizan. “Tiñamos, por exemplo, un frigorífico que gastaba 240 euros de enerxía cada ano. Substituímolo por un novo, con clasificación de A+++ que só consume 35 euros anuais. A compra amortízase en tan só 3 anos”, relata o CEO da empresa.

As pinzas amperimétricas controlan o consumo de cada circuito da vivenda.
As pinzas amperimétricas controlan o consumo de cada circuito da vivenda.

O produto de NUbINGS saíu a venda en setembro. Pódese adquirir a través da súa web Polo de agora, as sensacións son boas. “A xente que o probou está satisfeita. A acollida está superando as expectativas”, contaba José Rodríguez.

Ademais de José (CEO), Pablo (COO) e Enrique (CTO), o equipo de NUbINGS conta con dous empregados máis na parte de desenvolvemento e dúas persoas encargadas da comunicación e do marketing. O proxecto recibiu o pulo de ViaGalicia, no que foron finalistas en 2015, e obtivo o segundo posto na categoría Innovación e TIC nos premios do IEBS. Aínda que nun primeiro momento estableceron a súa base en Compostela, desprazáronse á aceleradora de Porto do Molle, en Nigrán, ao resultar finalistas do certame VíaGalicia.

3 COMENTÁRIOS

  1. Segundo pon ahí na súa web, o aparato ten un custo de entre 79 e 119€, dependendo de cal se escolla, hai 3 para elexir (Basic, Standard e Premium). Persoalmente non sei, necesitaría opinións obxectivas de xente que xa tivo a oportunidade de probalo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Eficiencia enerxética: a diana dos novos fogares

A Xunta triplica o orzamento destinado á rehabilitación en edificios de tipo residencial, co que prevé intervir sobre 6.800 vivendas

A UVigo aplica un plan de medidas urxentes para reducir ata un 30% o consumo enerxético actual

A xestión da calefacción e da climatización e o axuste da iluminación son accións prioritarias

Escumas de  poliurea para mellorar a eficiencia enerxética

Unha empresa de Bande idea e  ensambla a súa propia maquinaria para proxectar poliuretanos e  poliureas con infinidade de aplicacións en construción

FREEdron, unha cartografía múltiple de Galicia

O dispositivo de captura de datos cartográficos da empresa lucense é unha aposta de futuro no eido da tecnoloxía xeoespacial aplicada ao territorio galego