Xoves 18 Abril 2024

Nace o Centro de Innovación Aeroespacial

Cinco meses despois da constitución da súa fundación, o Centro de Innovación Aeroespacial, Cinae, xa dispón dun espazo para desenvolver a súa actividade. Coa Universidade de Vigo e oConsorcio da Zona Franca como membros fundadores e a participación no seu padroado das empresas e entidades privadas Airbus, Consorcio Aeronaútico Gallego (CAG), Deltavigo e a Unión de Empresas Gallegas de Aeronáutica (Udega), este “protocentro tecnolóxico”, chamado a convertese no principal foco de innovación e desenvolvemento do noroeste peninsular para o sector aeroespacial, conta desde hoxe cun lugar propio no Edificio Tecnolóxico Aeroespacial de Porto do Molle en Nigrán. No inmoble de máis de 6000 metros cadrados, promovido por Zona Franca e o Instituto Cameral para la Creación y Desarrollo de la Empresa, Incyde, o Centro de Innovación Aeroespacial, que será o único de Galicia coa especificidade que precisan os sectores aeronáutico e aeroespacial, compartirá espazo cun viveiro de empresas tecnolóxicas, así como con empresas privadas.

O centro de Zona Franca e UVigo ten capacidade para máis de 300 investigadores

O acto de inauguración do Edificio Tecnolóxico Aeroespacial estivo presidido polo titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e alí se deron cita numerosos representantes do sector aeroespacial, así como de entidades públicas e privadas. O edificio ten capacidade para máis de 300 investigadores e investigadoras.

Publicidade

Javier Collado, director xeral da Fundación Incyde foi o primeiro en tomar a palabra para destacar que “este proxecto froito da unión de todos non é o final dunha obra, senón o inicio dun proxecto”. A continuación, o reitor da Universidade de Vigo e presidente de la Fundación Cinae, Salustiano Mato, amosou a súa disposición a traballar para encher de talento o novo edificio, que considera supón unha grande oportunidade para Cinae “que quere achegar músculo ao incipiente sector aeroespacial galego”. Mato, que agradeceu a implicación de Airbus no proxecto, asegurou que a Universidade “quere ser motor e alimentar este centro e as súas incubadoras con iniciativas como as que vimos desenvolvendo”, contando coa colaboración de entidades de referencia como a Axencia Espacial Europea.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:05:48

ViaExterior, á conquista de novos mercados

Desde a súa creación hai sete anos, esta aceleradora da Zona Franca xa acompañou con éxito o proceso de internacionalización dun centenar de empresas
00:05:16

ViaGalicia, dez anos impulsando ás empresas do futuro

O programa de aceleración da Zona Franca recibiu máis de mil propostas nunha década de existencia, coa innovación como denominador común das ideas seleccionadas

De espazo Rede Natura a cloaca denunciada por Bruxelas: así podrece a Foz do Miñor 

Os veciños quéixanse de cheiros insoportables e o biólogo Juan Hermida alerta do perigo que corre a biodiversidade do lugar

Os salvadores de tartarugas das Rías Baixas: así se recuperan animais vulnerables en Galicia

Biólogos da Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños explican como traballan no seu centro de recuperación de Nigrán