Venres 29 Marzo 2024

Escumas de  poliurea para mellorar a eficiencia enerxética

Unha empresa de Bande idea e  ensambla a súa propia maquinaria para proxectar poliuretanos e  poliureas con infinidade de aplicacións en construción

Hai máis de 20 anos que en Celtipol se foron especializando en illamentos e impermeabilización. A suma do coñecemento e a experiencia, o que os anglosaxóns chaman know how, que ben sendo o saber facer, empurrounos a idear a súa propia máquina en Ourense, que  ensamblan e exportan, fundamentalmente, a Portugal.  

Esta pequena empresa con sede en Bande, a 42 quilómetros ao sur da cidade das Burgas, traballa coa proxección de poliuretanos e poliureas. Diferentes  polímeros con infinidade de aplicacións e que neste caso focalizaron no sector da construción,  aplicáandoo no selado de vivendas  para unha maior eficiencia enerxética, pero tamén en piscinas, terrazas, garaxes, chans deportivos, cubertas, adegas e mesmo matadoiros e dentro do sector automobilístico e naval. 

Publicidade

Que ten de especial a  poliurea? É elástica, flexible, impermeable, resistente de alta adherencia e sinxela de limpar. Ademais, insisten, non é prexudicial  para o medio ambiente. Un cóctel ideal que explica a súa alta demanda e a polivalencia das súas utilidades pola rendibilidade en relación ao seu custo. O poliuretano ríxido, pola súa banda, é o material illante térmico máis eficiente e duradeiro pola súa baixa condutividade térmica, é o illante ideal para instalacións industriais. 

As máquinas para aplicar as escumas de poliuretano e poliurea que produce esta empresa ourensá con media ducia de empregados serven, fundamentalmente, para encher e selar ocos, montar xanelas e portas e tamén como illante térmico e acústico. 

“A poliurea é elástica, flexible, impermeable, resistente de alta adherencia e sinxela de limpar. É non é prexudicial  para o medio ambiente”

“Adicámonos, sobre todo, á montaxe a emsamblaxe de nosa propia maquinaria para aplicar as escumas. Deseñámola e fabricámola nós.  Exportamos case todo a Portugal e agora mesmo temos unha altísima demanda”, explican fontes da empresa. Sacan peito dunhas máquinas fabricadas en Bande “con materiais da mellor calidade e dun servizo de  postventa  que está na clave da boa marcha da empresa”. 

Equipo de pulverización de seu

A aplicación dos  polímeros realízase con equipos pneumáticos, hidráulicos ou ben con pistola e bombas de transvasamento a 75 graos e fabricando unha membrana continua que seca en menos de 20 segundos, explican. O equipo de  pulverización que  Celtipol ideou para proxección e coada de poliuretano que tantas satisfaccións lles está a reportar deseñouse como unha pequena aspiradora, lixeira e  robusta, montada como unha seda para desprazala con facilidade. 

Permite que a manipule unha  soa persoa a pé de obra e é accesible para espazos reducidos e tanto a temperatura como a presión son regulables. A máquina funciona con bombas de  pistón verticais con válvulas de bola mentres que os sensores de temperatura envían un sinal en tempo real ao controlador para manter os produtos químicos á temperatura desexada, e evitar a cavitación, o traballo en baleiro ou as mesturas incompletas. 

Parte do seu éxito reside en adaptar o produto ás necesidades de cada proxecto de modo que a oficina técnica adapta a maquinaria a diferentes escenarios de traballo. Vinte anos de vantaxe na aplicación destas escumas tradúcense nunha empresa que xa é capaz de ofrecer un cálculo moi aproximado sobre os mellores materiais a utilizar en cada intervención e  o cálculo de rendemento correspondente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cunchas de moluscos, as grandes aliadas do sector da bioconstrución

A empresa Extraco promove o emprego de materiais de orixe biolóxica para a fabricación de morteiros ou formigóns

Eficiencia enerxética: a diana dos novos fogares

A Xunta triplica o orzamento destinado á rehabilitación en edificios de tipo residencial, co que prevé intervir sobre 6.800 vivendas

Un científico galego descobre os poderes do veleno de avespa contra as superbacterias 

César de la Fuente: “O logro abre novas portas para deseñar novos antibióticos inspirándonos nos velenos do mundo natural"

Unhas xornadas afondan en como creatividade e innovación xeran un futuro máis sostible

Celebraranse este mércores 24 na Casa das Campás, en Pontevedra, ao abeiro do programa "Ciencia de ida e volta" impulsado pola UVigo