Sábado 20 Abril 2024

Efimob, listos para a chegada da nova movilidade

Todo apunta a que o crecemento do sector do vehículo eléctrico vai ser imparable nos vindeiros anos e as empresas que xa conseguiron posicionarse neste eido van ter unha importante vantaxe comparativa. É o caso de Efimob, unha compañía situada en Porto do Molle (Nigrán) que se consolidou ao amparo do programa BFA, a iniciativa impulsada pola Xunta (xunto a CEAGA, PSA Peugeot, Zona Franca de Vigo e Vigo Activo) para o desenvolvemento de empresas vinculadas coa automoción.

Pedro Rodríguez (dcha), director de Efimob
Pedro Rodríguez (dcha), director de Efimob

Efimob foi creada en 2104 co obxectivo de dar solución ás necesidades de mobilidade dos vehículos eléctricos. Catro anos despois a empresa xa está a traballar con clientes de España e Portugal. O seu produto estrela é un software propio para a xestión da enerxía consumida por un conxunto de cargadores de vehículos eléctricos pero tamén se dedican á distribución dos propios cargadores e a traballos de consultoría para empresas que contan con proxectos a desenvolver no sector.

Publicidade

Este ano esperan alcanzar unha facturación próxima aos dous millóns de euros. Jacobo Eraso, director de Operacións de Efimob, apunta que un dos puntos fortes cos que conta a empresa é que xa se posicionou nun mercado que presenta moitas posibilidades pero no que tamén abunda o descoñecemento. “Somos unha das poucas empresas do sector que ofrecemos solucións chave en man para os clientes”, indica Eraso, quen forma parte do equipo de sete persoas que traballan actualmente na empresa, na súa maioría enxeñeiros industriais e de telecomunicacións.

Eraso sinala que o mercado do vehículo eléctrico apunta a crecementos exponenciais nos próximos anos pero segue a haber dificultades porque tanto a compra dos vehículos como a instalación das estacións de recarga supoñen desembolsos elevados que non son doados de afrontar por parte de particulares e empresas.

“Nós tivemos axuda para avanzar por parte dun sector que xa está implantado en Galicia pero seguen sendo necesarias axudas das diversas administracións para desenvolver este sector, como xa está a acontecer en comunidades como Baleares e Cataluña”, engade Eraso.

Efimob conta cun software para medir o consumo eléctrico dos vehículos

O software Efimob Charge permite o control do acceso aos puntos de recarga, a monitoraxe e detección de avarías, xestionar o sistema de pago de recargas e a creación de proxectos. Deste xeito, a empresa expón aos seus clientes o seguimento de todo o proceso de implantación das redes de recarga, desde a diagnose inicial ata a sinalización das prazas, pasando pola tramitación administrativa e a instalación dos propios dispositivos de recarga.

Outro dos produtos desenvolvidos pola empresa é Efimob Fleet que permite o seguimento dun número ilimitado de vehículos dunha frota en tempo real. Desta forma pode calcularse o custo total de operación dos vehículos e a diferenza que se obtería ao utilizar coches eléctricos. Efimob tamén desenvolve cursos de formación para os equipos técnicos dos seus clientes, para que poidan adquirir os coñecementos necesarios para instalar os equipos de recarga e realizar o seu mantemento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

▪️ Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204