Venres 8 Decembro 2023

Un cóctel de bacterias para sandar o chan

Unha empresa de Pontevedra traballa nunha formulación bacteriana que xestiona o xurro, eliminando cheiros e apartando os patóxenos para transformalo no mellor abono orgánico para hortas e granxas

De Costa Rica a Porto  do  Molle, en Nigrán. Unha longa viaxe para aplicar a biotecnoloxía á produción láctea e cárnica do sector primario en Galicia cun cóctel de bacterias que inverte o proceso de  putrefacción e o empurra cara á fermentación. Nos refugallos, agroma nova vida.  

Hai cinco anos que Carla Salazar e o seu marido Fernando alumearon Bioprana. Tomaron o nome do vocábulo hindú ‘ Prana’, que se traduce como a enerxía da vida e co prefixo ‘Bio’ cun obxectivo moi claro: coller o que a natureza ofrece para reparar o que  a sobreprodución e a acción humana teñen desequilibrado. 

Para iso, puxeron os ollos no modelo costarriqueño, un país  efervescente en sustentabilidade onde agariman o seu patrimonio natural moi conscientes de que é a súa fonte de riqueza. Fernando e Carla e importaron esa (bio)tecnoloxía para aplicala nas granxas familiares, cultivos e pequenas hortas pero tamén, e sobre todo, nas grandes explotacións agrícolas e gandeiras de Galicia.  

Mecánica sinxela

A mecánica é sinxela, -explica Carla Salazar, cofundadora de  Bioprana e directora de Proxectos de I+D-,  aplícanse os produtos que conteñen un cóctel de bacterias sobre o que denominan  subprodutos (compost, esterco e xurros). Asi, desencadease de xeito natural un proceso orgánico que transforma os refugallos en materia orgánica válida como abono, fertilizante e substrato  sanador para o chan. 

Cun cadro de persoal de 7 traballadores con distintos perfís técnicos e comerciais,  Bioprana suma xa máis de 600 clientes na Península. ‘Lonxe do que poida parecer, o 99% dos nosos clientes non son empresas coa etiqueta de Bio ou Eco, senón convencionais”, apunta a directora de I+D. Explotacións lácteas, cárnicas -tanto de vacún como de porcino-, malia que aínda non entraron ao mercado avícola. 

Escolleron Galicia pola dimensión e importancia do seu sector primario pero Salazar relata que lles levou un bo tempo penetrar no mercado, pero a aplicación dos nosos produtos nos corredores dos cortellos deu moi pronto bos resultados ao apartar  patóxenos, eliminar cheiros e mellorar moitísimo o manexo do xurro en centros de produción de vacún-leite ou vacún-carne” explica Salazar, co-fundadora de  Bioprana e directora de Proxectos de I+D. 

“Lonxe do que poida parecer, o 99% dos nosos clientes non son empresas coa etiqueta de Bio ou Eco, senón convencionais”

CARLA SALAZAR, co-fundadora de Bioprana

A empresa, que iniciou a súa andaina en 2017, conta cunha oficina en Pontevedra e un laboratorio en Porto  do  Molle, Zona Franca de Vigo co respaldo da Xunta de Galicia. Entre persoal fixo e indirecto, suman 15 empregos. 

Formación e cadea de distribución

“Traballamos moito na formación e na cadea de distribución para ir avanzando  e penetrando, pero unha vez que o proban, comproban que se eliminan cheiros, atas cos e demais; melloran tanto o benestar animal como  a produción do chan e a calidade das augas”, resume Salazar.

Está convencida de que a lexislación ambiental tanto no Estado como a nivel europeo xa vai indicando ese camiño a curto prazo polo que confía en que a innovación aplicada á agricultura e á gandería siga avanzando pola dirección que marca  Bioprana.  Unha solución ambiental a base de microorganismos vivos para sacar partido aos residuos e reducir os fertilizantes químicos

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Achado un novo mecanismo de control do ciclo vital dos fagos

Científicos do CSIC describen un sistema que permite aos virus das bacterias alternar entre multiplicarse ou a latencia

Son microbióloga e isto é o que nunca como e os sitios onde nunca comería

Despois de ler este artigo, nunca volverás a mirar a leituga en bolsa da mesma maneira

Un científico galego descobre os poderes do veleno de avespa contra as superbacterias 

César de la Fuente: “O logro abre novas portas para deseñar novos antibióticos inspirándonos nos velenos do mundo natural"

Como ensinar a ‘ler’ sinais do código morse a bacterias

Un equipo español modifica a xenética destes microorganismos para que aprendan a decodificar mensaxes