Venres 29 Marzo 2024

Bflow, a empresa galega que acelerará a análise preclínica de moléculas e fármacos

A compañía, creada por investigadores da USC, desenvolve un método que permite probar estes compostos en condicións semellantes ás dun ser vivo

A actual crise causada pola Covid-19 está a descubrir para unha boa parte da poboación os estritos estándares de tempo e procedementos polos que se rexe a ciencia para garantir, precisamente, que os seus resultados redundan no beneficio da sociedade. Neste sentido, a posibilidade de testar moléculas ou fármacos con utilidade en modelos animais é un importante paso a cumprir. E a empresa BFlow, que acaban de constituír varios investigadores da Universidade de Santiago de Compostela, está á procura de solucións neste aspecto.

A compañía, segundo explica a USC, “ofrece solucións de microfluídica grazas ao deseño personalizado e fabricación por tecnoloxía láser dun chip con microcanais sobre os que se pode realizar cultivo celular e aos que se lles aplica unha simulación de fluxo”. Deste xeito, a súa tecnoloxía permite probar en investigación preclínica “as moléculas e fármacos nunhas condicións moi similares ás dun ser vivo, polo que, empregada antes de pasar o test en animais, permite identificar os mellores candidatos a superar ese test, reducindo e racionalizando así tempo de investigación, custos experimentais e número de animais de experimentación”.

Publicidade

O proxecto de Blow é o resultado de anos de investigación e colaboración entre equipos punteiros na área da microfluídica, fotónica e biotecnoloxía, tanto da propia Universidade, como da Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS). Os socios promotores desta nova spin-off son os investigadores María Aymerich, Maite Flores, Ezequiel Álvarez e Alberto P. Muñuzuri. María Seoane será a súa directora.

A solución de BFlow incorpora características únicas en comparación con outras solucións no mercado de “organ-on-a-chip” persoalizadas, como a variedade de opcións de deseño de microcanal e materiais empregados sen necesidade de realización de prototipos, o que converte a BFlow nun colaborador á altura das necesidades dos laboratorios e compañías farmacéuticas no contexto actual. “Unha solución persoalizada, punteira, rápida e económica”, explican os seus impulsores.

As solucións de BFlow teñen ademais un amplo campo de aplicación que van dende o curado de feridas ata a minaría ou o tratamento de residuos, pola súa capacidade de dar información en tempo real para a toma de decisións (monitorización), en situacións que requiran a aplicación de fluxo.

Galardóns

O traballo dos investigadores que agora botan a andar o proxecto de BFlow foi recoñecido por diversos galardóns, entre os que destacan os concedidos pola Real Academia Galega de Ciencias co Premio de transferencia de tecnoloxía Francisco Guitián Ojea e o Premio a Investigadores Mozos Ernesto Viéitez. Asemade, foi certificada como Inicativa Empresarial de Base Tecnolóxica pola Xunta de Galicia. Premiada tamén pola USC como mellor Idea Empresarial, forma parte de Bioincubatech, o programa de incubación para empresas de biotecnoloxía da Universidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha nova iniciativa de Clúster TIC impulsa o emprendemento tecnolóxico galego

As propostas seleccionadas contarán co respaldo de socios da entidade para optimizar os seus modelos de negocio

Tres biotecnolóxicas galegas lideradas por mulleres captan un millón de euros

Celtarys Research, Libera Bio e BFlow obteñen por primeira vez nun mismo ano o apoio do programa NEOTEC, unha axuda pública "moi competitiva"

Innovación, emprendemento e retos do sector alimentario, claves da V Edición de BFFood

A aceleradora busca proxectos innovadores de emprendemento que dean resposta ás novas demandas

Premio á Transferencia para o sistema de intelixencia artificial contra o cancro de colon

RAGC e Xunta recoñecen a investigadores das tres universidades, do Complexo Hospitalario de Ourense e da spin-off BFlow