A gran aventura que leva Galicia ao espazo

Hai xa máis de 10 anos que comezou a aventura de Alén Space no corazón da Agrupación Estratéxica Aeroespacial da Universidade de Vigo. Naquel momento, a tecnoloxía comezaba a facer realidade o New Space, unha nova fronteira da exploración espacial: con pequenos satélites tamén era posible viaxar ao espazo. Desta maneira, reducíanse en gran medida os custos de poñer estes aparellos en órbita: xa non era só un luxo exclusivo das grandes axencias internacionais.

En Galicia, un equipo de enxeñeiros púxose en marcha para situarse en primeira liña desta gran xanela de oportunidades. O primeiro gran froito da aventura, tras moito traballo, chegou pronto: en 2012 lanzouse o Xatcobeo, o primeiro  nanosatélite español.

Esta traxectoria acabou desembocando no lanzamento de Alén Space, unha spin-off da UVigo que ten por obxectivo comercializar os servizos e produtos desenvoltos nesta aventura que comezou en 2008. Desde hai anos, a empresa conta co pulo e o apoio do programa Ignicia da Xunta, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain).

Os membros deste grupo, que traballaron e colaboraron con entidades de referencia internacional, como a Axencia Espacial Europea, a NASA, a ONU, o Instituto de Técnica Aeroespacial (INTA) e a Agência Espacial Brasileira compón a empresa. Son expertos con máis dunha década de experiencia no desenvolvemento destes cubesats, polo que son pioneiros en Europa e Latinoamérica.

100% de misións cumpridas

O Lume1.

Ata agora, o éxito destas misións nas que tomou parte Alén  Space foi total. Despois de Xatcobeo, chegaron o Humsat-D, o DustCube e o Serpens, que cumpriron os obxectivos marcados. E en apenas tres semanas, a empresa galega afrontará un novo desafío co lanzamento do Lume-1, un  nanosatélite desenvolto dentro do proxecto europeo FireRs, que serve como ferramenta para a detección temperá de incendios forestais e para dar soporte aos labores de caracterización e extinción dos mesmos. O equipo de Alén  Space foi o encargado de desenvolver e incorporar as cargas útiles necesarias, así como da xestión do lanzamento do satélite e a súa posterior operación.

O próximo 27 de decembro, o  Lume-1 sairá do cosmódromo ruso de  Vostochny rumbo ao espazo, a bordo dun foguete Soyuz. Despois dun longo proceso de construción, probas e ensaios, o  nanosatélite, dunhas dimensións de 20x10x10 centímetros e un peso de 2,1 quilos, será posto en órbita a 490 quilómetros de altura.

Do borrador ao espazo, en 8 meses

Alén Space presta tamén servizos a empresas. “Cando falamos de negocios pioneiros, sabemos que cada segundo importa e que o tempo pode marcar a diferenza entre o éxito ou o fracaso”, sinalan os seus impulsores. Así, o equipo comprométese a levar o  nanosatélite desde un borrador en papel ao espazo nun período de oito meses.

Desde o seu nacemento, a progresión da empresa foi meteórica. Este ano foi escollida como unha das 100 empresas máis innovadoras do mundo no South Summit celebrado en Madrid, entre máis de 3.000 proxectos de 84 países. E a comezos de decembro, recibiron o premio do público e a prensa nos galardóns Everis. Uns días antes,  Alén foi a anfitrioa no encontro New Space celebrado en Vigo, onde se reuniron grandes empresas e institucións do sector aeroespacial.

Nos seus inicios, Alén Space recibiu o impulso de ViaGalicia, a aceleradora coordinada polo Consorcio Zona Franca de Vigo e a Axencia Galega de Innovación. Foi unha das 15 finalistas na edición de 2017.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

BioFarma, Alén Space e Neutron Insights reciben os Premios GCiencia Galicia Spin-Off

Representantes institucionais, académicos e empresariais asistiron ao acto de entrega dos galardóns, que se celebrou en Santiago

Alén Space, os satélites con ADN galego que conquistan o espazo

A empresa gañadora do Selo de Calidade nos Premios GCiencia Galicia Spin-Off segue a medrar cun proxecto incubado na UVigo

Adeus ás tarefas de oficina: un proxecto galego quere automatizalas

O proxecto Itdp nacido no centro tecnolóxico Gradiant procura desenvolver unha ferramenta que facilite a análise de determinado tipo de documentación e evite a realización manual de tarefas de cribado de información

Alén Space, BioFarma e Neutron Insights, gañadores dos Premios GCiencia 2024

Os galardóns ás mellores spin-offs e grupo de investigación de Galicia, que este ano fan a súa oitava edición, entregaranse o 12 de novembro no Pazo de San Roque de Santiago