Autobuses sen fume nin ruído: a tecnoloxía limpa que percorre medio mundo

UNVI é unha empresa de Ourense que desenvolve ambiciosos proxectos sustentables para reducir emisións contaminantes

A automoción é un sector especialmente importante para a redución da pegada de carbono. Crear vehículos respectuosos co medio ambiente é unha obriga para a industria ante as políticas verdes que incorporan algúns países para mitigar o impacto na atmosfera. UNVI é unha empresa galega de autobuses que decidiu implantar tecnoloxías limpas e, por iso, logrou producir ata un 99% menos de emisións contaminantes nos seus modelos. Hoxe, cidades galegas como Ourense transportan centos de persoas con vehículos 100% eléctricos, sen fumes nin ruído.

A empresa, asentada entre Ourense e Portugal, sinala a importancia da dimensión medioambiental como factor de competitividade. Para iso, reduciron o peso dos autobuses cunha innovadora carrocería fabricada integramente en aluminio. Desta maneira, permítese un maior aproveitamento do combustible, facilitando as reparacións e asegurando a reciclaxe. Igualmente, UNVI apostou por mellorar a resposta aerodinámica dos seus autobuses para desprazarse con menor resistencia, o que implica tamén un menor consumo de combustible.

Publicidade

“A nosa regra de ouro non é outra que minimizar ao máximo a pegada ambiental de UNVI na contorna mediante a fabricación de autobuses do futuro: cun consumo reducido e sen emisións á atmosfera. Conseguímolo”, apuntan dende a empresa. Os seus proxectos I+D+i céntranse na fiabilidade, seguridade, sostibilidade e eficiencia enerxética dos seus autobuses. Entre os máis destacados salienta o sistema multiplexado, que permite un control mediante un PCL dos sistemas eléctricos da carrocería e que foron incorporados á gran parte da súa gama de vehículos. A arquitectura supón reducir os cables, aforrando peso e espazo nos autobuses. Isto á vez incrementa a fiabilidade dos sistemas eléctricos.

Depósito de combustible propio

UNVI deseñou ademais un depósito de combustible propio, de 280 litros de capacidade, cuxa ubicación optimiza o espazo interior do vehículo, que gana en estabilidade ao existir un mellor reparto de pesos, reducindo o desgaste, optimizando o rendemento e minimizando o consumo.

Publicidade

Novo deseño do posto de condutor

Para mellorar a ergonomía do posto do condutor, esta empresa de autobuses puxo en marcha un proxecto para incidir na seguridade pasiva colocando no taboleiro de a bordo pantallas páctiles. Son de 4,3 e 7 pulgadas que permiten a xestión de todos os servizos de carrocería: os espellos, as luces, a apertura de portas, ventiladores…

Carrocería para o mercado anglosaxón

“A nosa empresa caracterízase pola implantación de tecnoloxías limpas que fan máis sostible a mobilidade dos nosos clientes e dos pasaxeiros, así como uns deseños lixeiros, funcionais e estéticos que melloran os servizos de transporte”, explican dende a empresa. Un dos últimos proxectos de innovación de UNVI vai relacionado co desenvolvemento dunha carrocería deseñada exclusivamente para o mercado anglosaxón. Como apuntan dende a empresa, non son as mesmas necesidades as dun autobús que viaxará por Galicia que outro que percorre Noruega.

O antigo é novo

Un dos últimos proxectos polo que UNVI apostou no mercado é a introdución dunha versión nova dun produto xa coñecido. O seu autobús máis vendido a nivel mundial, o urbano de dobre piso Urbis DD 2.5, volveuse lanzar cunha liña máis moderna e lixeira. “En UNVI apostamos por facilitar solución de movemento ós nosos clientes, contando cunha gama de producto moi diversa dende microbuses con 19 prazas ata dobres piso de longo percorrido con capacidade para 100 pasaxeiros“, explica.

UNVI é a rama industrial do Grupo Pérez Rumbao, líder da automoción en Galicia, tanto en turismos como en camións. Conta con instalación en Ourense, onde se atopa a sede cos servicios centrais, ademais da fábrica UNVI, e outra instalación en Vilanova de Gaia, preto de Oporto. Entre todos os traballadores rondan os 300, con variacións dependendo da carga de traballo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

‘Come san, come sostible’: o xogo da USC para aprender a coidar a saúde e o medio ambiente

Un equipo de Santiago deseña un novo recurso didáctico para alumnado de Primaria baseándose na alimentación e na pegada de carbono
00:00:16

A maioría dos ‘pellets’ xa alcanzaron a costa seis meses despois do accidente do ‘Toconao’

Un equipo de Canarias crea unha simulación da marea de bólas plásticas, que tamén chegaron a outras zonas do norte de España e ao oeste de Francia

Velutinas, porco vietnamita, cangrexo vermello… Así chegan a Galicia as especies invasoras

María José Servia, investigadora da UDC, augura novos exemplares “co foco poco posto nos himenópteros: avespas, formigas e abellas”

A falsa endemia de malaria e outros intentos para desecar a lagoa de Antela

A partir do século XVIII a zona húmida foi considerada inimiga da agricultura. Os veciños intentaron evitar o desaugamento das terras que utilizaban para o pastoreo