Venres 19 Abril 2024

A quinta edición de ViaGalicia, xa en marcha

ViaGalicia está de novo en marcha. A quinta edición desta aceleradora de empresas, impulsada pola Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia, a través da GAIN, ten aberto ata o 29 de setembro o prazo de inscrición para os proxectos interesados en abrir novas vías de negocio.

Este ano, o proxecto conta cun orzamento de 2,65 millóns de euros, cos que se apoiará aos participantes a través de formación, asesoramento, e financiación. Deste xeito, poderanse obter ata 125.000 euros en axudas directas e de capital risco.

Publicidade

Recuperación de proxectos

Neste ano, a novidade é a recuperación de dous proxectos das anteriores edicións, que participarán directamente nesta nova fase de aceleración. Desde o seu nacemento, en 2013, presentáronse máis de 900 propostas. Delas, 120 foron apoiadas, e deste grupo, máis de medio cento convertéronse en empresas que xeraron máis dun cento de postos de traballo.

Unha vez rematado o prazo de inscricións, haberá unha primeira selección de 80 proxectos que participarán no Startup Day, no que se avaliarán as habilidades dos emprendedores. De aquí sairán elixidos 40 proxectos. Pasarán entón a unha fase de pre-aceleración de seis semanas, que se desenvolverá en Vigo e Lugo, onde se lles aportarán as ferramentas precisas para definir o modelo de negocio e mellorar a súa proposta.

Máis adiante chegará o Demo Day, onde os proxectos terán que ser defendidos ante un comité técnico formado por expertos. Aquí seleccionaranse 15 proxectos que pasarán á fase de aceleración. Esta parte realizarase nas instalacións de Porto do Molle, co apoio dun equipo de titores e mentores, co obxectivo de acadar o nivel necesario para presentarse a futuras roldas de investimentos. Por último, no Investors Day, os encargados dos proxectos defenderán a súa idea fronte a empresas, colaboradores e fondos de inversión para captar novos socios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Start-ups con ADN galego triunfan grazas á súa aposta pola ciencia e innovación

Indestia, Innogando, Neutron Insights, Diversa e Psico VR convértense en pouco tempo en referentes do emprendemento na comunidade 

Convocado o IX Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas

Os traballos poden enviarse a partir do 15 de abril. A dotación económica do galardón será de 5.000 euros, cun accésit para o segundo mellor valorado

▪️ Expertos en tecnoloxía, ciencias e humanidades asesoran a Xunta para o uso ético da IA

A comisión de especialistas elabora recomendacións para impulsar accións formativas e a sensibilización na administación e empresas

O Goberno reúne datos de Xunta e concellos para exixir indemnización polos 'pellets'

O executivo central solicitará unha compensación polos servizos de Salvamento Marítimo durante o episodio de contaminación mariña