Sábado 20 Abril 2024

Tres proxectos innovadores gañan a II edición de Galicia Open Future

A II edición de Galicia Open Future de Telefónica xa ten gañadores. Tras varios meses de aceleración no centro de emprendemento galego impulsado por Telefónica en colaboración coa Xunta de Galicia, as iniciativas Autofarm, MD.USE Innovative Solutions e SetPay foron elixidos como os tres proxectos gañadores desta segunda edición.

Como premio, os tres gañadores recibirán unha axuda de 25.000 euros da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación, coa cal poderán continuar o desenvolvemento do seu proxecto. Ademais, estas tres startups poderán acceder a un préstamo reembolsable de XesGalicia doutros 25.000 euros.

Publicidade

galicia_open_future-77463

O xurado, formado pola Axencia de Modernización de Galicia (Amtega), o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Axencia Galega de Innovación (Gain) e a aceleradora de startups de Telefónica Wayra, seleccionou estes tres proxectos en base á achega que supón para os sectores estratéxicos de Galicia, a súa innovación, o potencial de mercado e a viabilidade demostrada polos proxectos, así como pola súa composición multidisciplinaria e polo uso das últimas tecnoloxías.

Autofarm, formado por Jorge D. Cobas, Ignacio Boubeta, e Daniel Reboredo, nace co obxectivo de simplificar a monitoraxe e xestión de explotacións gandeiras, axuntando un sistema de fácil manexo coa posibilidade de obter a tempo real grandes cantidades de datos desde calquera punto que se desexe monitorar. Isto facilita a toma de decisións para obter resultados óptimos de produción e coñecer ao instante calquera anomalía que se poida producir mediante un sistema de alarmas completamente configurable.

Autofarm axuda a xestionar telemáticamente as explotacións agrícolas y gandeiras

Rebeca García, Angel Piñeiro, Tomás de la Calzada, Roberto Rosende, Carlos Piñeiro, Edgar Mixcoha forman MD.USE Innovative Solutions, unha spin-off que desenvolve software científico de modelado molecular para simular e predicir resultados de experimentos en laboratorios, aforrando tempo e diñeiro a investigadores de múltiples sectores. Incorporando tecnoloxías de última xeración aos seus produtos, como a Realidade Virtual, na actualidade, conta cunha nova liña de negocio complementaria e enfocada ao desenvolvemento de apps educativas para química. MD.USE está formada por investigadores en simulación computacional, programadores, desarrolladores de aplicacións en Realidade Virtual e expertos en xestión empresarial.

O obxectivo de SetPay, como proxecto dirixido ao desenvolvemento de medios de pago, é ofrecer un TPV móbil, é dicir, que permita aceptar pagos con tarxeta en calquera momento e lugar. Recentemente, e tras estes meses de aceleración, David Pombar, Xoan Gonzalez, e Xavier Martinez (os creadores e responsables deste proxecto) deseñaron e lanzaron o seu segundo produto, unha pasarela de pagos online que mantén a mesma filosofía.

Telefónica Open Future é o programa global e aberto deseñado para conectar a emprendedores, startups, investidores e organizacións públicas e privadas de todo o mundo. O seu obxectivo é orientar a innovación cara ao desenvolvemento de proxectos viables, mediante un modelo que dá visibilidade ao talento e conecta con organizacións, investidores e empresas.

Telefónica Open Future integra todas as iniciativas de innovación aberta, emprendemento, investimento e transformación de Telefónica a nivel global (entre outras, Wayra, Amérigo, Telefónica Ventures) para poñelas ao alcance de socios estratéxicos para desenvolver con eles programas específicos de apoio ao emprendemento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Convocado o IX Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas

Os traballos poden enviarse a partir do 15 de abril. A dotación económica do galardón será de 5.000 euros, cun accésit para o segundo mellor valorado

Aberto o prazo de inscrición para os Premios á Transferencia de Tecnoloxía 2023

As candidaturas poderán presentarse ata o 15 de abril de forma telemática

ODS-Protein, avanzando cara á alimentación do futuro

A innovación no sector alimentario ten un amplo horizonte de crecemento...

3eData, novas tecnoloxías para obter información completa sobre o territorio

A start-up lucense aproveita os drons e o Big Data no deseño de novas ferramentas para o sector agroforestal