Venres 19 Abril 2024

Teimas Desenvolvemento: a reciclaxe intelixente

Hai poucos casos no que o éxito non sexa a principal motivación que alenta a un grupo de profesionais para poñer en marcha unha iniciativa empresarial, pero no caso de Teimas Desenvolvemento a súa traxectoria indica que a aposta empresarial vai máis alá. Máis alá da rendibilidade que calquera empresario ten entre os seus obxectivos, os responsables de Teimas tiñan claro desde o principio que a xestión e reciclaxe dos residuos non só era unha forma de gañarse a vida senón tamén unha tarefa social que tiñan que levar adiante.

Teixo2

Diversos premios, entre os que se encontra o prestixioso premio R, concedido por Ecoembes ao concello de Santiago pola súa iniciativa Tropa Verde, en colaboración con Teimas, confirman a vocación de concienciación pola reciclaxe que caracterizan á empresa coruñesa.

Publicidade

Miguel Varela, xerente de Teimas, explica que a empresa creouse no ano 2008 por iniciativa dun grupo de enxeñeiros informáticos da Universidade de A Coruña (UdC) que viron a necesidade de crear unha ferramenta de xestión para o sector dos residuos e a reciclaxe, un campo pouco modernizado e que, ao mesmo tempo, conta cunha ampla regulación.

O principal produto co que conta Teimas é a súa plataforma Teixo, que está orientada a empresas recolledoras de residuos, xestores e outros axentes do sector. Preto de 200 empresas está a a utilizar este software nalgunha das súas modalidades, xa que é comercializado como aluguer de servizos pero tamén fanse desenvolvementos propios para empresas grandes.

Teimas conta tamén cun portal web dirixido a profesionais no que ofrece información sobre o sector e tamén se ofertan produtos e servicios relacionados coa xestión de residuos e a reciclaxe.

“Facemos I+D moi preto do mercado, apostamos por ideas áxiles que cheguen a funcionar en pouco tempo”

En 2015 Teimas comezou co proxecto Tropa Verde, que consiste en ofrecer un sistema de premios para os cidadáns que aposten máis pola reciclaxe de residuos. O concello de Santiago foi o primeiro en implantalo e, ademais, implicouse a un centenar de comerciantes da cidade con moi bo resultado. En 2017 está previsto estender esta iniciativa a máis concellos de dentro e fóra de Galicia.

Tropa verde reúne tres conceptos básicos: responsabilidade ambiental, promoción económica e participación cidadá”, explica Miguel Varela, que destaca tamén as campañas de sensibilización que se están a facer nos colexios. O pulo que supón os premios concedidos ao proxecto facilitarán a súa expansión nos próximos meses. En total, Teimas acadará en 2016 unha facturación próxima aos 600.000 euros.

No que se refire a proxectos de innovación, que foi fundamental no nacemento de Teimas, Varela indica que a empresa fai unha “innovación de guerrilla” xa que polo seu tamaño non ven viabilidade en introducirse en grandes proxectos de I+D que necesitan grandes presupostos e teñen un prazo de execución moi longo. “ Facemos I+D moi preto do mercado. Non podemos afrontar proxectos moi grandes e por iso apostamos por ideas áxiles e que podan chegar a funcionar en pouco tempo”, sinala Varela.

Nestes momentos Teimas desenvolve un proxecto para pesar dun xeito intelixente os contedores de residuos que reúne as características antes apuntadas. Sen presa pero tamén sen pausa a empresa espera proseguir durante 2017 co seu plan de expansión por España e tamén internacionalmente, xa que xa conta cun proxecto en Chile e agarda poder expandirse por outros países. A aposta pola reciclaxe é a concienciación social seguirán sendo as súas bandeiras nestas novas aventuras empresariais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UDC patenta un sistema pioneiro que mide a postura vertebral en tempo real

Investigadores do CITENI crean unha tecnoloxía non invasiva e de baixo custo para mellorar o diagnóstico e tratamento das doenzas da columna

A toxoplasmose é un factor de risco para o envellecemento inflamatorio nos maiores

Un estudo da UDC demostra que as persoas cunha resposta de anticorpos máis forte á infección tiñan máis probabilidades de ser fráxiles

A UDC coordina o primeiro sensor automático en detectar zoonoses a escala mundial

O proxecto está liderado polo grupo do investigador Alejandro Criado. Chámase FLUFET e identifica un amplo espectro de obxectivos virais

Os investigadores galegos da trama saudita cobraron da empresa do intermediario dos árabes

Os dous empregados do Centro da Carne, cunha desenfreada produción científica, inscribíronse na universidade Rei Abdulaziz pese a desenvolver a súa carreira en Galicia