Xoves 18 Abril 2024

O programa Principia impulsa a contratación de 200 mozos investigadores

200 mozos e mozas investigadores se contratarán co apoio da Xunta no marco do programa Principia, con fin de impulsar a competitividade das empresas galegas. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, avanzou que esta iniciativa, á que se destinan 2 millóns de euros, se activará nas próximas semanas para estimular a contratación de profesionais cualificados por parte de empresas e organismos de investigación.

A convocatoria está aberta a que empresas e organismos públicos e privados de investigación propoñan a contratación de titulados medios ou superiores de menos de 35 anos, cunha experiencia máxima na súa especialidade dun ano. Incentivando con 10.000 euros os contratos para os primeiros doce meses.

Publicidade

O programa establece o apoio a contratos de como mínimo un ano, coa intención de que o estímulo inicial proporcionado con fondos públicos se consolide despois grazas ao compromiso das empresas e entidades beneficiarias co valor que estes profesionais lles achegarán, a través de contratos de longa duración. Desde hoxe, os interesados poden acceder á información sobre o programa na páxina web destinada tanto empresas como aos mozos e mozas titulados.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no encontro Bioalmorzo Bioga.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no encontro Bioalmorzo Bioga.

No transcurso dun Bioalmorzo, organizado polo Cluster Bioga, o conselleiro resaltou que este programa beneficiará, entre outros, ao sector biotecnolóxico, no que a Xunta ten posto o foco para facer de Galicia un referente internacional mediante a a Estratexia de Impulso á Biotecnoloxía 2016-2020. O conselleiro resaltou que esta folla de ruta, que suporá a mobilización de 200 millóns de euros en investimentos (37 millóns só no 2016) estará tamén focalizada no talento.

Conde trasladou as compañías do sector bio as oportunidades que se lles abren coa Estratexia, que a través de ferramentas como a innovación empresarial e a compra pública innovadora se marca o obxectivo de crear 30 novas empresas biotecnolóxicas en Galicia nos vindeiros cinco anos, un 15% máis das actuais; sumar, entre todas elas, unha facturación de 300 millóns, un 20% máis do que fan hoxe; e xerar 300 novos empregos cualificados no sector.

Conde resaltou o impacto que este impulso á biotecnoloxía terá sobre sectores estratéxicos galegos como o agroalimentario e a pesca, “mellorando a capacidade competitiva dos nosos sectores tradicionais”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Axencia Galega de Innovación financia oito proxectos para afrontar a crise da Covid-19

Oito proxectos de investigación con base en Galicia (seis de pequenas...

Unha exposición da Academia de Ciencias achega as melloras da Química á nosa vida diaria

A exposición "Química para un mundo mellor" poderá verse no claustro do Pazo de Fonseca de Santiago ata o vindeiro 30 de outubro

Os alumnos de Aeronáutica da UVigo poderán facer prácticas en Boeing

Universidade e empresa asinaron este mércores en Ourense un convenio no marco da Civil UAVs Initiative da Axencia Galega de Innovación

Así se chaman as mozas e mozos galegos do século XXI

Os datos do Instituto Galego de Estatística evidencian un cambio nos nomes propios: Lucía, Pablo, Sara ou Hugo suceden a María ou Manuel