Venres 29 Marzo 2024

Larsa e Campus Terra convocan os premios de innovación ‘Impulsando Galicia’

O Campus Terra da USC e a Corporación Alimentaria Peñasanta SA (Capsa), a través da súa factoría láctea Larsa, poñen en marcha os premios innovación á alimentación saudable ‘Impulsando Galicia’, unha iniciativa orientada a promover a saúde a través da nutrición e os hábitos de vida saudables, a través da que os seus promotores pretenden aproveitar o talento e xerar valor compartido que contribúa a avanzar cara un sector agroalimentario sustentable.

O obxecto destes premios, cuxas bases están accesibles na web www.leitelarsa.es, contempla tres piares, como o son a canalización do coñecemento e do talento da sociedade e, nomeadamente o xerado no eido universitario, cara o emprendemento empresarial, o desenvolvemento de novos produtos lácteos e a implantación de innovacións tecnolóxicas en produtos, puntos de venda, ganderías, procesos de fabricación, ingredientes…, segundo indicou o director xeral de Corporación Alimentaria Peñasanta SA (Capsa). José Armando Tellado Nogueira sinalou asemade que esta nova iniciativa, que se encadra nas accións de responsabilidade social corporativa de Capsa, pretende servir de acicate para fortalecer e modernizar o sector lácteo galego.

Publicidade

A innovación no sector lácteo é unha das potencialidades do Campus Terra da USC

A convocatoria dos premios innovación á alimentación saudable ‘Impulsando Galicia’ responde a unha acción puntual do acordo marco asinado este ano por Capsa e USC, sinalou o reitor da USC, Juan Viaño, para logo engadir que a finalidade desta iniciativa coincide en gran medida coas prioridades do Campus Terra da USC, que non son outros que os de aproveitar e poñer en valor os recursos da terra, dixo.

A colaboración da institución académica compostelá coa empresa privada, como é o caso da factoría láctea Larsa, constitúe unha alianza proveitosa cara o desenvolvemento e a modernización de sectores estratéxicos, tal e como é o sector leiteiro en Galicia e mesmo en Asturias, favorece a innovación, axuda a xerar riqueza e mesmo contribúe a fixar poboación nas áreas do medio rural con demografía moi baixa, sinalou o reitor da USC.

O cometido que xa está a desenvolver e que pode seguir a realizar no futuro a Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (Aplta) do Campus Terra da USC, un centro de I+D+i de referencia en Europa e especializado no desenvolvemento tecnolóxico do sector leiteiro e doutras tecnoloxías alimentarias, foi outro dos argumentos apuntados por Juan Viaño para salientar a contribución da institución académica compostelá ao desenvolvemento social e económico da súa contorna e especialmente no que relacionado co sector leiteiro.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC

Prevén o leite a deterioración cognitiva? Isto é o que suxire un novo estudo

Un ensaio en maiores de 65 anos identifica un compoñente da graxa láctea que podería ralentizar a perda de memoria asociada á idade

Atopado o talón de Aquiles da rata toupa, a praga que azouta a montaña luguesa

O estudo do órgano vomeronasal deste mamífero subterráneo avala o uso de químicos para diminuír a súa poboación e frear o seu impacto na agricultura

Os cubículos e corredores reducidos nas granxas de Lugo afectan a produción de leite

A tese de Sonia Verdes Gil conclúe que as superficies incómodas prexudican a saúde e a hixiene das vacas