Venres 29 Marzo 2024

Cecilia Tham: “O lema do movemento Maker é: se podes pensalo, podes facelo”

Cecilia Tham, recoñecida activista pola innovación e impulsora do movemento Maker en Barcelona, participou no evento Aquae Talent Hub (Paixón polo Talento) celebrado hoxe na Facultade de Económicas da USC en Santiago. Tham, unha dos nomes máis destacados dos últimos anos en España dentro do movemento da economía colaborativa, participou nos obradoiros que se desenvolveron durante a maña e pechou o acto cunha charla ante máis de 400 persoas. O evento, que se realiza en diversas cidades de España e terá unha nova edición en Santiago no mes de novembro, é organizado pola Fundación Aquae e conta coa colaboración da USC e de Viaqua.

Durante a súa intervención, Tham explicou que a esencia do movemento Maker atópase na frase “se podes pensalo, podes facelo”. Ao seu xuízo, calquera persoa pode reunir condicións para afrontar retos de diverso tipo, o que sucede é que moitas veces “non sabemos como utilizar os nosos poderes” . Un dos obxectivos do proxecto Maker  é o de construír comunidades para que, mediante o talento dos seus diversos membros, poda crearse de xeito conxunto e cun impacto social.

Publicidade

A activista, nacida en Hong Kong, indicou tamén que os procesos de innovación empresarial mudaron radicalmente nos últimos anos, sobre todo pola proliferación de start-ups que afrontan iniciativas deste tipo pola súa conta de xeito máis áxil que as grandes empresas. De tódolos xeitos, apuntou que as corporacións seguen a contar con fortalezas que fan convinte a súa implicación á hora de innovar. “Habería que construír unha ponte entre ámbolos dous mundos para aproveitar as cousas boas de cada un deles”, engadiu Tham.

Despois da súa intervención, Tham atendeu brevemente a GCiencia para responder unhas preguntas.

-Como poden axudar as administracións públicas a este tipo de iniciativas ou polo menos non entorpecelas?

Creo que as administracións teñen moito que aprender en todo o que significa empezar as cousas dende abaixo. É difícil atopar o punto para poder colaborar con elas, pero as administracións son como as grandes empresas e aínda que ás veces os obxectivos non sexan os mesmos hai que tratar de atopar puntos de encontro. Cada vez vemos máis interese por parte das administracións para poder aproveitar iniciativas como as que facemos nós. Antigamente as administracións afrontaban os procesos de innovación de arriba a abaixo e o movemento maker o fai xusto ao contrario. Cando atopemos o punto de encontro será fantástico.

-Hai máis facilidades para iniciativas como a súa en cidades grandes como Barcelona ou son as mesmas que en Galicia, por exemplo?

Non é necesario estar  nunha gran cidade para facer cousas como o que fixemos en Barcelona, o que se necesita e contar con xente motivada para facelo. Necesitas unha masa crítica mínima pero aquí a tedes e contades tamén con universidades, industrias….e moi boa comida jaja. O máis importante é a mentalidade das persoas, da igual que haxa cinco ou cinco mil. A xente que quere facer cousas as vai facer. De feito en Barcelona están a medrar as comunidades pequenas porque hai xente de sobra para este tipo de iniciativas.

-O uso excesivo da tecnoloxía e das redes sociais poder acabar por converterse nun problema tamén no ámbito da innovación?

Creo que aínda non porque non hai tanta xente con unha mentalidade tan proactiva. A maioría da xente no mundo aínda procura ter o seu traballo para 20 anos e non está interesada en por en marcha o seu propio proxecto. Non todos teñen que aprender a ser emprendedores. Somos minoría os que o facemos é sobre todo en España. A conversación agora ten que ser como ir cambiando esa mentalidade pouco a pouco. Despois hai que ir corrixindo os erros que se podan cometer, e de feito se van corrixindo durante a marcha, para facer un modelo máis sostible para todo o mundo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As plantas non nativas aceleran a desaparición dos ameneiros galegos

As árbores centroeuropeas que se importan para restaurar as plantacións afectadas por unha doenza fúnxica producen uniformidade xenética

Un novo método da USC axudará a combater o furtivismo marisqueiro en Galicia

Tres investigadores estiman que entre 2012 e 2020 máis de 1.700 persoas extraeron de forma ilegal 660 toneladas de marisco

Investigadoras galegas constatan que as mulleres autistas camuflan máis os seus síntomas

O enmascaramento provoca retrasos no diagnóstico e problemas de saúde mental derivados da presión social

Un equipo galego sinala os lípidos en sangue como biomarcadores de covid persistente

Investigadores do CiQUS ofrece unha nova perspectiva sobre a natureza desta enfermidade e abre a porta a diagnósticos e tratamentos máis específicos