Sábado 20 Abril 2024

Alumnos da USC comezan o programa Talent’s Loop de busca de emprego

Numeroso alumnado da USC participará esta semana e a seguinte nos dous campus composteláns nunha nova edición do Talent’s Loop, un itinerario de adestramento individual para a procura de emprego enmarcado no programa ‘Emprega-T: as 8 T’s do talento’ da USC.

O circuíto proporciona ao alumnado un laboratorio de emprego persoal e individualizado no que se simulará un proceso de selección real durante tres días en cada un dos campus. Deste xeito, as persoas participantes poderán pór en práctica os coñecementos adquiridos e solucionar as dúbidas que poidan xurdir na vida real.

Publicidade

Será  desde este martes 8 ata o xoves 10 de 9.00 a 21.00 horas no vestíbulo da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e, co mesmo horario, a vindeira semana (do 15 ao 17) en Relacións Laborais.

O simulador, cunha duración de dúas horas, estrutúrase en cinco pasos que cada participante realizará recibindo feedback personalizado por expertas e expertos para mellorar as súas posibilidades de pasar con éxito un proceso selectivo: constrúe a túa imaxe; os seis segundos de vida do Currículo Vitae; supera as entrevistas con éxito; amosa o teu speech; e brilla nas dinámicas de selección.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Este mecanismo dana a capa dos nervios en doenzas como a esclerose múltiple

O estudo realizado por un equipo de investigación do CiMUS publícase este venres na prestixiosa revista ‘Science Advances'