Vándalos destrozan os petróglifos de Campo Lameiro

O Concello denuncia que os gravados milenarios, que están declarados Ben de Interese Cultural, foron remarcados con pedras nunha acción brutal

Un dos petróglifos da Laxe da Rotea de Mendo, destrozado ao ser riscado cunha pedra. Foto: Concello de Campolameiro.

Un grave atentado contra un Ben de Interese Cultural que ten máis de cinco mil anos. Vándalos destrozaron dous petróglifos na estación rupestre da Laxe da Rotea de Mendo, en Campo Lameiro, cuxo concello denunciou os feitos ante Patrimonio e da Garda Civil. A acción vandálica de descoñecidos consistiuu en raiar cunha pedra parte destas emblemáticas representacións arqueolóxicas.

O alcalde, Carlos Costa, trasladouse ata o lugar de Lameiro, na parroquia de San Miguel de Campo para coñecer de primeira man o alcance dos danos e solicitar a presenza da Garda Civil. Os petróglifos apareceron riscados e remarcados por unhas pedras de xeito abrasivo e con graves danos para estas representacións emblemáticas da arte rupestre en Campo Lameiro o que provocou a indignación do propio alcalde e dos veciños e veciñas que tiveron coñecemento destes feitos.

Outro dos petróglifos da Laxe da Rotea de Mendo, destrozado ao ser riscado cunha pedra. Foto: Concello de Campolameiro.

Esta estación rupestre, ao igual que outras tres máis (Chan da Lagoa, Campo de Matabois e Pedra da Serpe), foron obxecto dunha intervención de conservación e posta en valor por parte do concello grazas a unha subvención de preto de 4.000 euros da Deputación e outros 21.000 da Vicepresidencia da Xunta de Galicia. Estes actos vandálicos chegan precisamente despois de facer estes traballos de conservación.

O alcalde solicitou a colaboración cidadá para localizar aos autores deste acto vandálico e agarda que “en breve os responsables sexan postos a disposición das autoridades para que sexan sancionados convenientemente”.

Os petróglifos de Campo Lameiro son coñecidos mundialmente. Estes gravados rupestres sitúan poboamentos nesta zona arredor do ano 3200 a.C., como manifestacións artísticas que foron gravadas durante a Idade de Bronce e a Idade do Ferro.

1 comentario

  1. Fai uns anos abraiounos ver coma os talibans esnaquizaban Palmira. Cada día acontece esa mesma barbaridade co noso patrimonio. E tanto alí coma aquí, semella que a ninguén lle importa. sic!

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.