Un estudo atopa hórreos galegos en Australia e Nova Zelandia

Illa de Amanu, onde chegaron os náufragos da
Illa de Amanu, onde chegaron os náufragos da "San Lesmes".
O libro de Langdom, da Canberra University.
O libro de Langdom, da Canberra University.

Reza o dito que hai galegos ata na Lúa. E, aínda que non foron atopados no satélite natural da Terra, a historia adoita confirmar calquera esaxeración ao respecto. Así sucede cos nosos antípodas. Aínda que as enciclopedias atribúen a súa conquista ao inglés James Cook, son moitos os expertos que afirman que Australia e Nova Zelandia foron descubertas por galegos.

Cando, en 1642, o explorador holandés Abel Tasman recalou en Nova Zelandia, atopou uns celeiros sobre piares. Eran unhas construcións estrañas, que non existían en ningunha outra cultura desa zona do globo. Hoxe, non poucos estudosos afirman que, en realidade, son hórreos… Hórreos galegos levantados polos aborixes maorís.

A orixe desta historia está na expedición que, en 1525, partiu dende A Coruña cara á India, comandada por García Jofre de Loaísa. O seu obxectivo era consolidar os descubrimentos feitos por Magallanes tres anos antes. E converteuse na segunda frota que logrou circunnavegar a Terra.

Entre os fitos desta expedición está o rescate de Gonzalo de Vigo, un grumete vigués que se perdera na campaña de Magallanes e que sobreviviu durante catro anos na illa de Guam, vivindo cos nativos. Por asombrosa casualidade, foi encontrado pola nova frota e está considerado o primeiro robinsón do océano Pacífico.

Había palabras galegas na lingua dos aborixes, que tiñan un Deus Ouro

Pero antes deste feito insólito, sucedeu outro que marcaría esta historia: o extravío da carabela “San Lesmes”, que se perdeu no océano e xamais foi atopada. O buque, de 80 toneladas, levaba cincuenta tripulantes, dos que a meirande parte, uns trinta, eran galegos.

Durante séculos, pouco se soubo da sorte destes homes, agás por un feito moi estraño: Hai palabras e topónimos en galego en Australia, Nova Zelandia e algunhas illas do arquipélago polinesio de Tuamotu. Hoxe dáse por certo que a súa orixe está nos náufragos galegos da “San Lesmes”.

A primeira teoría expúxoa Roger Hervé, conservador do Departamento de Mapas da Biblioteca Nacional de París, que en 1982 publicou “O descubrimento fortuíto de Australia e Nova Zelandia por navegantes portugueses e españois”.

“A carabela perdida”

Pero foi en 1988 cando o historiador Robert Langdom, da Universidade de Canberra, publicou “A carabela perdida” (“The lost caravel”. Pacific Publications, 1988), na que afirma que os galegos se estableceron en Nova Zelandia, Australia e a illa de Amanu, onde narracións orais contan a chegada da “San Lesmes“.

O profesor Langdom (quen por certo comparte nome co protagonista de “O código da Vinci”), asegura que o navegante inglés James Cook, que chegou a Australia 240 anos máis tarde, atopou poboación branca nalgunhas illas e na costa australiana. Tamén localizou palabras que identifica como galegas. Ademais, cre que a relixión de Amanu, única na zona, adora o “Deus Ouro“, o cal identifica coa ansia por este metal dos europeos recén chegados.

Cook atopou brancos en Australia, descendentes de galegos, según Langdom

Ao igual que, na mesma época, facía Hernán Cortés no imperio mexica, a obsesión dos conquistadores era o vil metal. Tanto preguntaban polo ouro que os aborixes chegaron a darlle carácter divino e a adoralo.

Pero, para que o caso sexa redondo, o historiador australiano di que os celeiros que empezaron a construírse en Nova Zelandia no século XVI non son outra cousa que hórreos. Hórreos galegos nas antípodas.

O estudo de Langdom conclúe que a “San Lesmes” foi arrastrada por unha tormenta e encallou en Amanu. Alí desprendéronse dos canóns, para reflotala. Segundo el, estas son as baterías do século XVI que atoparon en 1969 os franceses, durante a construción da base militar de Hao, para as probas nucleares no atol de Mururoa.

Unha carabela, como a San Lesmes.
Unha carabela, como a San Lesmes.

Os galegos establecéronse nestas illas, onde alcanzaron unha posición preeminente. Tras reparar a carabela, intentaron viaxar ás Molucas, pois sabían que esas illas, chamadas entón “das especias”, eran o obxectivo da Coroa española. E que, se ben xa non poderían contactar coa expedición de Jofre de Loaísa, talvez atoparían outra expedición ou a cidade forte que pretendían fundar os seus compatriotas.

Os esforzos dos náufragos da “San Lesmes” foron inútiles. A bordo da súa maltreita carabela só conseguiron vagar por Australia e Nova Zelandia, deixando a súa cultura, unha lingua, e, polo visto, un bo puñado de descendentes. Que serían os brancos que logo atoparía o capitán James Cook.

E por isto hai hórreos nos antípodas. Cando menos, eso sostén un historiador da Universidade de Canberra. E algúns outros colegas no mundo. Así queda claro que, agás na Lúa, haiche galegos en todas as partes. E o da Lúa aínda está por ver…

Ler máis información na reportaxe
Así son os ‘pataka’, os hórreos de Australia e Nova Zelandia

32 COMENTÁRIOS

  1. Galegos ao serviço do projecto colonial espanholista, avarento e exterminador.

  2. un saqueo de manila en el que pillaron mapa esta relacionado con la pesquisa de cook. pero claro la historia intenacional desde entonces la narran los english. los spanish entretenidos siempre entre ellos

  3. saqueo de manila y robo mapas precedieron a cook. pero la historia internacional desde entonces la narran los english. los hispanos se entretienen entre ellos

  4. Ben que o sinto, pero non me creo nada. Características arquitectónicas como o tellado a dúas augas e as construccións sobre postes, están moi estendidas en todo o sudeste asiático e o Pacífico.
    A comezos do século XVI, a pataca aínda non se cultivaba en Galicia. E polo tanto, aínda non se producira a confusión (orixinada no castelán) entre a voz orixinal “papa” e a “batata”, que deu orixe a patata/pataca.
    Habería que ver cal é a orixe etimolóxica en lingua maorí da voz “pataka”.

    Outra cousa son os “predescubrimentos” de Australia. Holandeses, portugueses e españois bordearon Australia bastante antes que Cook.
    OIlo a este mapa holandés da segunda metade do século XVII, un século antes que as viaxes de Cook.
    http://www.cartographicperspectives.org/index.php/journal/article/viewFile/1199/html/5543

  5. y cambiando de tercio, qué opináis del monumento megalítico recién descubierto cerca de la sierra de Guadarrama,se cree que pudo ser un antiguo asentamiento Celtíbero

  6. cierto axl, más cuando colón ni siquiera era español, nosotros sólo pusimos las pasta

  7. Sí, los españoles éramos los reyes de la mar en aquellos tiempos. Pero es un poco victimista el decir que Cook se lleva todos los méritos y nosotros somos “los camareros de Europa”, pues es lo mismo que hacemos nosotros con Cristóbal Colón.

    • Estoy sublimemente de acuerdo con sus sabias palabras axl.
      Nuestros navíos estaban a un nivel máximo. Como el Betis

  8. Excelente noticia y descubrimiento.Otra prueba de que los españoles estuvimos alli primero,seguro que junto a gallegos habia españoles de otras regiones,

    • nom. galegos e portugueses. naquela epoca espanha nom tinha nada que ver com Galiza. o mesmo que agora.

      • Hola? ¿Te has paseado por Santiago y no has visto todos los emblemas imperiales curtidos en granito? Puede disgustarte la historia política, pero hay la que hay.¿ O es que esos emblemas los esculpieron fascistas? ¿1.000 años de vinculación (sometimiento/subordinación, llámalo X) son intrascendentes?

        • Por aquel entonces no existía “españa” tal y como hoy la conocemos, galicia y portugal tenían relaciones formales de diplomacia e incluso el Reino de Galicia estaba guardado por Fernando I de Portugal desterrado más tarde por el duque de Lancaster coronado en Santiago, pero no había España como tal, existía el Reino de Galicia

  9. El Capitan Cook descubrio Australia tras robar las cartas nauticas de un barco español que se encontro por el camino de las indias.
    En aquella epoca habia autopistas maritimas por todo el globo que surcaban los navegantes españoles, pero hay interes en que todo esto no se sepa para que pensemos que solo podemos aspirar a ser los camareros de europa.
    Podeis visitar el Museo Naval en Madrid para confirmar esto.

    Tambien tuvimos un fuerte en los actuales Estados Unidos.
    El antiguo Reino de España estuvo en todas partes.
    Sentios orgullosos de ello.

    • Nos actuais EEUU “tivemos” moito máis ca un forte. Iso sí, cando comezaron a erguerse os primeiros, non había un “Reino”, senón varios. Chámalle Coroa ou como queiras, pero os propios reis de España eran conscientes de que tiñan unha pluralidade de Reinos (moitas veces, por certo, aos reinos se lles chamaba “Estados”, denominación moi estendida no Século de Ouro, referencias literarias incluidas)

  10. Realmente interesante o artigo…! semellante historia compriríalle unha miguiña mais de documentación, links para poder ler as teses que haxa, etc…porque penso que a teoría e totalmente posible…e pausible…!

    Moitas gracias pola publicación!

  11. en efecto, e segundo o vigués José Colmeiro (que na actualidade exerce na Prince of Asturias Chair na School of European Languages & Literatures da universidade de Auckland) resulta moi sospeitoso que a eses hórreos (usados as veces para o peixe) lle chamen “patakas”

    • No creo que en 1525 cuando partió la expedición la patata fuese demasiado conocida en Galicia; el explorador español Gonzalo Jiménez de Quesada, la descubrió en 1537 pero la planta no está documentada en España hasta 1570.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.