Xoves 28 Marzo 2024

Un documento da catedral de Ourense entra na Memoria do Mundo da Unesco

Un documento do arquivo da Catedral de Ourense atópase no rexistro internacional da memoria do mundo da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco). En concreto, trátase do Mandato de Alfonso IX, rei de León, remitindo a Alfonso, bispo de Ourense, copia dos textos legais das Constitucións das curias rexias de 1188 e 1194 para o seu cumprimento como lexislación xeral do reino.

Documento de Alfonso IX declarado na Memoria do Mundo.
Documento de Alfonso IX declarado na Memoria do Mundo.

A este respecto, o Bispado de Ourense subliñou, nun comunicado, que a importancia da documentación do arquivo da Catedral queda acreditada con esta inscrición no rexistro mundial da Unesco. Trátase dun “documento crave” na historia das institucións parlamentarias. Ademais, nos últimos meses foron lidas tres teses doutorais na Universidade de Vigo relacionadas con información dos ricos fondos documentais da diócese ourensá.

Publicidade

O Programa Memoria do Mundo (Memory of the World Programme, en inglés) é unha iniciativa internacional propulsada e coordinada pola Unesco desde 1992 co fin de procurar a preservación e o acceso do patrimonio histórico documental de maior relevancia para os pobos do mundo, así como tamén promocionar o interese pola súa conservación entre os estados membros.

Só cinco textos en España están neste exclusivo catálogo

A creación do programa obedeceu á constatación “da suma fraxilidade da memoria do mundo como espello da diversidade de linguas, pobos e culturas do noso planeta, así como para sensibilizar ao público á súa protección ou ao feito de que cada día que transcorre desaparecen elementos importantes do patrimonio documental que a compoñen”, explica a Unesco.

En España, ata o de agora só había catro documentos incorporados á Memoria do Mundo: o Tratado de Tordesillas, as Capitulacións de Santa Fe, el Llibre del Sindicat Remença; agora incorpórase o Mandato de Alfonso IX, o testemuño documental máis antigo do sistema parlamentario europeo.

5 COMENTÁRIOS

  1. 1) PRIMERAS CORTES DE LEÓN EN 1188. “En el nombre de Dios. Yo Don Alfonso, rey de León y Galicia, al celebrar las Cortes en León…”
    2) La ilustración original que se muestra arriba tiene un pie que dice: “Adefonsus Rex Legionesium et Gallecie” y NO “Alfonso IX de León, de a cabalo”.
    ETC., ETC.,

  2. E incrible que se siga ainda falando de Afonso IX de León e mais nuha páxina de ciencia galega!!! estudade minimamente o tema…. ollade mais ala do que é a historiografía oficial española absolutamente manipulada respecto a Galiza. Obviamente era Afonso VIII de Galiza e León ou de León e Galiza dependendo das fontes (sendo o de León sen dúvida só referido a cidade de León que era onde estaba a se real igual que ocorreu en Portugal onde a capital foi avanzando a medida que se ia collendo terreo aos musulmans Guimaraes, Coimbra, Leiria, Lisboa…todos os documentos da época afirman que león ao igual que oviedo eran cidades da Gallecia) cuxos restos descansan no panteón real da catedral de Santiago. Con él crease a primeira institución que recorda algo a un parlamento, crease tamen a Universidade de Salamanca polo Arcebispo de Santiago de quen depende a todos os efectos até certa altura, etc., etc.,
    Que vergoña ter que seguir a oir ainda hoixe estas historietas e demais nunha páxina galega de ciencia!!!! HORROR!!!!!

  3. Lu que la UNESCO reconociera cumu Memoria’l Mundu, en setiembre y 2013, son los Decreta las Cortes Llïonesas de 1188 reunidas nel Claustru Santu Sidoru de Llión pul rei Fonsu VIII de Llión (el chamáu IX). Una las copias d’esos Decreta que se caltienen na autualidá tá na Catedral d’Ourense (dende 910 Galicia siempres fou parte la Corona Llionesa). Ensín embargu tal y cumu dan la nueva amazcara la rïalidá.

    • Afonso VIII (que non Afonso IX) aparece nos documentos como “Rex Legionensium et Gallecia” que se traduce exactamente como “Rei dos leoneses e de Galicia” É evidente portanto que o Reino era de Galicia e os leoneses faziam parte desse reino.

  4. É Afonso VIII da Galiza e Leão.

    Afonso IX é uma numeração castelanista incorrecta… Corrijam isso por favor…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As cinzas dos lumes de 2017 poden causar alteracións no plancto costeiro da Vigo

O estudo realizado por investigadores do CIM da Universidade de Vigo centra a súa investigación na escorredura posterior ás queimas

A falsa endemia de malaria e outros intentos para desecar a lagoa de Antela

A partir do século XVIII a zona húmida foi considerada inimiga da agricultura. Os veciños intentaron evitar o desaugamento das terras que utilizaban para o pastoreo

Os bioplásticos e polímeros sintéticos teñen realmente capacidade de biodegradación?

O proxecto Polbio nace para determinar se este proceso pode ter algún efecto tóxico en ambientes terrestres e acuáticos

Un método estatístico permite detectar por primeira vez que liñaxes celulares evolucionan máis rápido

O estudo, no que colabora a Universidade de Vigo, axudaría a identificar mutacións con incidencia en enfermidades como o cancro