Xoves 18 Abril 2024

Un dente de neandertal revela un novo nexo cos humanos modernos

A nova investigación atopa en África a comunidade neandertal máis ao sur descuberta no planeta e asociada a unhas ferramentas propias do sapiens

Un nexo entre neandertais e humanos modernos xamais atopado con anterioridade. E unha localización en África desta especie de homínino que chegou a ser dominante en Europa e desaparecida hai uns 40.000 anos.

En 1928, a recoñecida arqueóloga británica Dorothy Garrod escavou a cova Shukbah nos outeiros de Palestina, ao norte de Xerusalén. Este foi un dos seus primeiros traballos nunha carreira longa e exitosa , que revelou unha rica colección de ferramentas de pedra antigas, ósos de animais e un só dente fosilizado, o que parecía un gran molar humano.

Publicidade

Durante cincuenta anos o descubrimento perdeuse na colección privada dun colaborador. Pero, a principios de século, o dente perdido aterrou por casualidade nas mans de investigadores do Museo Británico de Historia Natural. E, cando observaron de preto o gran molar, os científicos comprobaron que probablemente pertencía a un mozo neandertal, posiblemente de entre 7 e 12 anos. Así que, ata a data presente, o dente de Shukbah é o exemplo máis meridional de restos neandertais en África.

“Ata o de agora non temos evidencia directa da presenza dun neandertal en África”, di Chris Stringer, quen estuda a evolución humana no Museo de Historia Natural. “Pero a localización sur de Shukbah, a só un 400 km do Cairo, debería lembrarnos que é posible que mesmo se dispersaron en África en ocasións”.

Zona do achado do dente do neno neandertal.

Pero había outro dato tanto ou máis curioso: as ferramentas de pedra atopadas nas proximidades parecían notablemente modernas. Cando Garrod atopou o dente hai moitos anos, inmediatamente sospeitou que era dun neandertal, pero debido atal afirmación nunca fora verificada.

Outros artefactos asociados que desenterrou da cova de Shukbah, incluídas puntas e ferramentas retocadas, tamén se separaron e dispersaron en varias coleccións de diversas institucións por medio mundo ao longo dos anos. Pero agora os investigadores do Museo Británico teñen a certeza de que o molar pertencía, de feito, a un neno neandertal, de aproximadamente 9 anos de idade. E aquí está o asombroso: as ferramentas de pedra escavadas preto deste neno foron feitas utilizando un método de tallado en pedra que se cre que foi utilizado exclusivamente por Homo sapiens.

Este tipo de tallado coñécese como técnica nubia de Levallois, e adoita asociarse a súa presenza no sur de Arabia durante o Paleolítico como unha proba do momento da expansión do Homo sapiens fóra de África.

Varias outras escavacións na rexión asumiron sempre que a presenza de ferramentas nubias de Levallois foron feitas por Homo sapiens, mesmo sen atopar restos humanos fosilizados preto para apoiar esa idea. Pero hai outra explicación. A área na que Garrod estaba a escavar revelou unha paisaxe habitada tanto por neandertais como por Homo sapiens.

Distintas imaxes do dente do neno de 9 anos.

Por tanto, a técnica nubia Levallois podería ter sido adoptada polos neandertais que se mudaron de Europa máis ao sur, o que significaba que o método puido ser utilizado tanto polos neandertais como polo Homo sapiens ao mesmo tempo.

“Ao final, identificamos moitos máis artefactos producidos utilizando os métodos de Nubian Levallois dos que anticiparamos”, dixo o arqueólogo Jimbob Blinkhorn, quen traballou na investigación dende a Universidade de Londres. “Esta é a primeira vez que se atopan en asociación directa con fósiles de neandertal, o que suxire que non podemos establecer un vínculo simple entre esta tecnoloxía e o Homo sapiens “.

O achado non é unha proba de que os neandertais creasen as ferramentas eles mesmos utilizando este método. Tamén podería ser que esas ferramentas tan avanzadas remataran nas súas mans aínda que foran fabricadas por sapiens.

O arqueólogo Simon Blockley da Universidade de Londres conclúe que o máis importante deste estudo non é só a localización de neandertais tan ao sur. Tamén é importante a sospeita de que os neandertais puideran empregar ferramentas que ata o de agora sempre relacionamos co Homo sapiens. “Tamén emite unha nota oportuna de advertencia de que non existen vínculos directos entre homínidos particulares e tecnoloxías específicas de ferramentas de pedra”, dixo Bockley.

Aquí podes consultar o estudo publicado en Scientific Reports

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os primeiros europeos cruzaron os Alpes hai máis de 45.000 anos

O 'Homo sapiens' adaptouse ben ao frío, un ambiente moi similar ao da actual estepa rusa, e na súa dieta destacaba a carne de reno, lobo e cabalo

Non somos unha especie violenta, a pesar do que digan as noticias

Non se fala tanto das interaccións pacíficas e xestos empáticos como do atroz e o inaceptable para o ser humano

As mulleres cazaban con maior variedade de armas e ían á guerra con mellores estratexias

Un estudo científico desmonta o mito de que só eles realizaban estas tarefas e que elas quedaban relegadas á recollida de raíces e froitos

Atopan gravados neandertais con máis de 57.000 anos de antigüidade en Francia

Nunha cova do val do río Loira descobren unha serie de marcas non figurativas que foron realizadas coa man de forma deliberada