Sábado 20 Abril 2024

Ubaldo Pasarón, o xenio de Ribadeo que inventou un dirixible

O inventor calculaba que o seu aerostato podía dar a volta ao mundo en tan só 11 días voando con rumbo fixo a unha legua de altura

Foi militar, escritor e, sobre todo, un personaxe polifacético dotado cunha extraordinaria inventiva. Ubaldo Pasarón, nado en Ribadeo (Lugo) en 1827, pasou á historia da aeroestación co seu proxecto dun dirixible que podería dar a volta ao mundo en tan só 11 días, viaxando á altura dunha legua, o equivalente a uns 5,5 quilómetros.

De mozo, ingresou como cadete no Colexio Xeral Militar en Madrid, no que rematou o seu plan de estudos en xullo de 1842, co grao de subtenente, aínda que xa deu probas do seu carácter disperso, ao pasar por Infantería, Cabalería e pola Academia de Enxeñeiros para pedir logo o ingreso nas escolas de Artillería, Enxeñeiros Navais, Estado Maior e Corpo de Carabineiros. Finalmente, ascendeu a tenente en xullo de 1853 e participou na tradución de tratados dende o francés sobre diverso armamento e debuxando planos e gráficos.

Publicidade

Os deseños de Ubaldo Pasarón.

Ascendeu a capitán en xullo de 1854 e en agosto foi destintado ao Rexemento da Unión no Exército de Cuba, na Habana. Foi na súa estadía habaneira cando deseñou o aerostato que lle deu sona mundial e que o mantén na historia desta disciplina. Daquela solicitou a patente pola invención dun aparello para a navegación aerostática. El, no ano 1862, pediu permiso para desprazarse aos Estados Unidos coa fin de construír aquela máquina de navegación atmosférica da súa invención “antes que caduque o privilexio que lle foi expedido polo goberno superior”.

Nun artigo publicado na Gaceta de La Habana dos días 24 e 29 de abril de 1862, baixo o título Pilotage Aereonáutico, Ubaldo Pasarón declarouse a si mesmo descubridor do rumbo fixo aerostático e da navegación atmosférica, co que pretendeu establecer un servizo postal aéreo internacional en globo dirixible.

O seu globo dirixíble tiña sempre un rumbo fixo e, segundo os seus cálculos, permitiría dar a volta ao mundo a unha altura dunha legua en tan só 11 días. Consérvanse planos desta máquina, que finalmente no pasou do deseño no papel.

Ubaldo Pasarón.

Chegou a presentar o proxecto de dirixible a Isidro Wall, conde dos Armildes de Toledo, no seu carácter de intendente xeral de Exército en Cuba, quen se limitou a expedir certificación de ter recibido os planos nese día. O goberno simplemente arquivou o proxecto.

Pasarón foi tamén un escritor prolífico e diverso, colaborou en varios xornais e coleccionou os seus principais traballos en catro volumes. En 1863, o ribadense foi destinado ao Exército Expedicionario de Santo Domingo, onde faleceu de enfermidade natural. No seu Ribadeo natal ten unha rúa ao seu nome: Ubaldo Pasarón y Lastra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

▪️ Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204