Xoves 18 Abril 2024

Así chegou a Galicia o tsunami do volcán Krakatoa

Unha erupción na outra beira do mundo trouxo a Galicia os restos dun tsunami. Que provocou as mareas vivas máis intensas de que se teña noticia. O oceáno retirábase dos portos deixando ao descuberto o leito mariño. Os barcos quedaban en seco. E a xente fuxía morta de medo para buscar acubillo nas igrexas, convencida da chegada da Apocalipse.

Esta estampa asombrosa foi provocada pola explosión cataclísmica do Krakatoa. A illa onde se situaba este volcán estourou en anacos e desapareceu do mapa en agosto de 1883. En quilómetros á redonda, a auga do mar evaporouse instantaneamente. O ruído da detonación escoitouse en Australia e en illas a 4.800 quilómetros de distancia. Moitos cren que foi o son máis alto rexistrado na historia, con niveis por riba dos 180 decibelios mesmo a 160 quilómetros de distancia. As tripulacións de todos os buques a gran distancia do suceso quedaron xordas, por rotura do tímpano.

Publicidade

A cinza volcánica ascendeu 80 quilómetros. E unha nube de vapor a 400 graos estalou como unha colosal burbulla, provocando un tsunami devastador. E aquí está a orixe daquelas mareas vivas espectaculares que atemorizaron Galicia no verán de 1883. Porque si: os efectos da explosión do Krakatoa chegaron ata as costas galegas.

Os xornais da época non deixan lugar a dúbidas. Dous días despois do cataclismo, comezan a aparecer noticias sobre as espectaculares mareas vivas. “En todo o día de hoxe notouse aquí un gran fenómeno na nosa badía. Dende as primeiras horas da mañá ata as doce do día, houbo fluxo e refluxo inconstante e rápido: a marea subía desmedidamente ata o seu límite para volver baixar de xeito vertixinoso, deixando en seco as lanchas que momentos antes flotaban con bastante mar”, escribía o correspondente en Muros de La Gaceta de Galicia. “Isto produciu na vila un gran pánico entre os pescadores, que aseguran non ter visto xamais un caso igual”, concluía o cronista.

En El Anunciador, de Pontevedra, o xornalista escribiu: “Na mañá de hoxe observouse na nosa ría un fenómeno tal que durante as primeiras horas preocupou os ánimos dos habitantes desta capital”. Seguidamente, describe o misterioso suceso: “Referímonos aos catro ou cinco fluxos e refluxos do mar, verificados en menos de seis horas, fenómeno que non acertamos a explicar satisfactoriamente e moito menos se temos presente que no noso horizonte non aparecía nin sequera unha pequena nube e o vento era moderado”.

Os veciños de Betanzos ‘viron con terror unha inmensa montaña de auga’

Houbo nas Rías Baixas tres preamares xigantes e outras tantas secas no espazo de dúas horas.  E no Norte de Galicia sucedeu algo similar. Cóntao o diario Las Noticias, a través do seu correspondente en Betanzos: “Un raro fenómeno xamais visto aquí efectuouse onte na nosa ría. Serían as seis da mañá, hora na que a marea estaba completamente baixa, cando un estraño ruído parecido ao murmurio dunha tempestade puxo en alarma aos veciños do barrio da Ribeira”.

O balbordo non podía corresponder á explosión do Krakatoa, xa que non chegou tan lonxe. Pero si parece probable que tivese a súa orixe no propio mar, revolucionado pola onda submarina do tsunami.

Os betanceiros “saen espantados das súas casas e dirixindo as súas miradas cara ao sitio de onde proviña, viron con terror unha inmensa montaña de auga, cuxas espumosas ondulacións se asemellaban ao fume que despide na súa vertixinosa carreira a máquina dunha locomotora cando lle deixan libre paso”.

Estreito de sonda e illa de Krakatoa.

O apaixonado cronista prosegue: “Instantaneamente énchese a ría con tal violencia que algunhas lanchas, rompendo as cadeas con que estaban amarradas, precipitáronse a estrelarse contra as beiras. Os botes, uns foron arrastrados polas augas e os outros alagados completamente. Un ‘queche’ que se atopaba en seco se puxo á boia con tanta forza que a pouco se fai anacos. Isto repetiuse seis veces con intervalos dunha hora ata as doce do día que deixou de notarse máis movemento que o ordinario”.

O fenómeno eran os restos dun tsunami que comezara na outra punta do globo, a máis de doce mil quilómetros de distancia. E xa naquela época, os cronistas mellor informados sospeitaban do caso: “Segundo os intelixentes, este gran fenómeno obedece, ou pode obedecer, dun volcán a bastante distancia destas augas no mar. Segundo outros, pódese atribuír a un gran temporal no golfo”, escribía o xornalista de La Gaceta de Galicia.

Foi a maior marea xamais contada en Galicia. E chegou dos restos dun tsunami que alcanzou a costa galega tras percorrer máis de 12.000 quilómetros. Foron os efectos dun cataclismo planetario: a explosión en Indonesia do volcán Krakatoa en 1883.

5 COMENTÁRIOS

  1. “Segundo os intelixentes, este gran fenómeno obedece, ou pode obedecer, dun volcán a bastante distancia destas augas no mar. “. gustame moito o xeito de referirse no seculo xix o que hoxe chamamos expertos: “os intelegentes”, “sabios”,”xente de saber”. Por certo nesa epoca xa existia unha comunicación telegrafica entre India e UK. Supoño que a información telegrafica chegaria unhas horas /dias despois dependendo das estacions telegraficas disponibles para confrimar a hipotesis “dos intelixentes”.

  2. EL tsunami se produjo en el Pacifico, que como todos sabemos tiene una salida al Atlantico muy reducida… Asi pues jamas pudo ser ningun tsunami del Krakatoa quien produjera tal fenomeno pues la onda marina se habria quedado reducida a una minima expresion que acabaria en America y su eco seria muy reducido.
    La explicacion es que tales movimientos mareales se debieran a terremotos producidos en el lecho marino atlantico estimulados por la erupcion del Krakatoa, eso si, replicas, como las que hubo en Australia y otras partes. UN terremoto en el fdondo marino sui podria esplicar tales movimientos mareales. .

    Sin embargo, y pese a las descripciones, hay cosas que no encajan, la mas importante el escaso eco o memoria que tal fenomeno ha dejado en Galicia. El terremoto y maremoto de Lisboa, un siglo antes, si dejo una gran impresion, aunque no afectara a Galicia especialmente, por lo que el de Krakatoa a sus replicas en el Atlantico deberia todavia participar de la memoria del marinero galaico… y es la primera vez que oigo hablar de tales marejadas. Los tsunamis, o mejor, maremotos (estamos en España, no en Japon), no parecieron muy debastadores para las marejadas que produjeron, tan repetridas. Eso exige terremotos importantes, pero sin embargo no se describen olas ni destrozos en puertos , lo cual indica una bajada y subida sin mucha violencia, la justa para destriozar barcas y hasta barcos, pero no para derruir muelles o casas…

    Me parece imposible que tal oleaje proveniera directamente del Pacifico -donde solo produjo daños importantes en el area cercana al desastre-, pero como consecuencia de terremotos en el Atlantico y como replicas, si. Aunque casi es mas probable qu ehubiera un gran terremoto submnarino y el Krakatoa, ya bastante activo, reventara a causa de ellos, retroalimentandose.

    Y si no pues nada, un copazo whisky y a beber a la salud de lso krakatoanos do carallo!

  3. Parece increible que chegase ata a nosa costa dito fenómeno, mais da idea da magnitude de enerxía que se libera neses fenómenos.
    Non tiña coñecemento da incidencia na nosa costa.
    interesante esorprendido.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha trintena de casos de dengue en Portugal: debemos preocuparnos en Galicia?

O mosquito tigre, vector da enfermidade infecciosa, detectouse por primeira vez no territorio galego no verán de 2023