Martes 16 Abril 2024

Unha nova achega á cerámica e metalurxia castrexas

A investigadora Cristina Seoane presenta na USC unha tese que aborda os estudos arqueolóxicos sobre este patrimonio cunha nova perspectiva

As producións cerámica e metalúrxica da Idade de Ferro no Noroeste peninsular sucedéronse paralelamente, de xeito que “cada produción que forma a cultura material dos castros non é resultado de procesos illados e, por tanto, todas son produto dun conxunto sociocultural específico, que evolucionan xuntas e que intercambian información entre elas”. Así se pronuncia a investigadora da USC Cristina Seoane Novo, que achega na súa tese de doutoramento unha nova perspectiva aos estudos de cerámica e metalurxia na cultura castrexa.

Cristina Seoane, autora da tese. Foto: USC.
Cristina Seoane, autora da tese. Foto: USC.

Fronte á estendida literatura arqueolóxica que sostén a posible orixe metálica de determinadas formas e decoracións do catálogo cerámico castrexo, a investigadora decidiu indagar na relación entre ambas manifestacións artísticas. Para iso estudou vasillas cerámicas e metálicas en conxunto, nun intento de comprobar a que niveis e en que termos se produce o diálogo entre artesanías.

Publicidade

En concreto, analizou en detalle dúas producións específicas, as sítulas con decoración xeométrica no caso dos metais e as vasillas perladas no das cerámicas, un traballo que derivou nun inventario exhaustivo que dotou dun marco teórico sólido, en base a estudos previos sobre esqueuomorfismo (fenómenos de imitación). A partir de aquí estudou en que dirección viaxa a información entre alfarería e metalurxia, que características se presentan e como inflúe nas dúas producións escollidas como estudo de caso.

Cristina Seoane Novo, investigadora do Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste Ibérico-Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEPN-AAT) da USC, acadou sobresaínte cum laude pola súa tese ‘Interaccións entre olería e metalurxia na Cultura Castrexa: sítulas de bronce e as súas analoxías cerámicas’.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha trintena de casos de dengue en Portugal: debemos preocuparnos en Galicia?

O mosquito tigre, vector da enfermidade infecciosa, detectouse por primeira vez no territorio galego no verán de 2023

Guía para ver a eclipse solar dende Galicia

O fenómeno poderase observar a partir das 21:02 horas, sete minutos antes do ocaso na zona da Coruña