A igrexa de San Facundo de Ribas de Miño, en Paradela (Lugo).

San Facundo de Ribas de Miño: o único cemiterio con todas as lápidas en galego

Situado no concello de Paradela, é un camposanto especial porque todos os seus rótulos funerarios están escritos na lingua de Rosalía

Só existe un cemiterio en Galicia que teña todas as súas lápidas en galego. Está situado no municipio lucense de Paradela e a razón desta unanimidade lingüística é un acordo dos veciños, que decidiron unificar o deseño das sepulturas, a súa tipografía e tamén o idioma. San Facundo de Ribas de Miño ten o raro privilexio de que todos os seus escritos mortuorios están na lingua de Rosalía.

Para celebrar este feito, e co gallo do Día de Defuntos, no ano 2019 a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia e o Concello de Paradela, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, celebraron o día 31 de outubro un acto para “reafirmar o uso do idioma propio no único cemiterio con todas as lápidas en galego”.

Todas as lápidas de San Facundo están escritas en galego.

San Facundo fúndase no século XII para acoller aos peregrinos que se dirixían a Santiago de Compostela. Despois da destrución da ponte que cruzaba o Miño en Portomarín por Dona Urraca, os monxes beneditinos instálanse neste lugar do Miño para cruzar en barca os peregrinos. Cando se reconstrúe a ponte, en San Facundo refuxiábanse os viaxeiros que non podían pagar o canon de Portomarín.

Espectacular vista de San Facundo.

No ano 1620 pasou a ser priorado do mosteiro cisterciense de Santa María de Montederramo.

Varios estudos afirman que a bóveda da igrexa de San Facundo de Ribas de Miño é a primeira manifestación do estilo gótico na península Ibérica; está constituída por seis robustos arcos de pedra, que converxen nunha clave colocada a só 5,30 m de altura.

Xunto á súa notable arquitectura, este recuncho está situado nun entorno de privilexio: rodeado de viñedos que baixan polas ladeiras do monte da Trapa ata o río Miño. O conxunto foi declarado Monumento Nacional en 1982.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.