Sábado 20 Abril 2024

Os sacrificios humanos da relixión castrexa

“Os lusitanos fan sacrificios e examinan as vísceras sen separalas do corpo. observan do mesmo xeito as venas do peito e adiviñan apalpando. Tamén auscultan as vísceras dos prisioneiros, cubríndoas con ságoi (mantos). Cando a vítima cae por man do hieróskopos (unha especie de sacerdote), fan unha primeira predición pola caída do cadáver. Amputan as mans dereitas dos presos e conságranas aos deuses”. Así narraba Estrabón os sacrificios dos castrexos do noroeste da península Ibérica. É unha das descricións máis explícitas das manifestacións rituais da cultura prerromana. Un artigo da profesora da USC Mar Llinares, publicado no Cuaderno de Estudios Gallegos do CSIC revisa a documentación sobre os comportamentos relixiosos dos poboadores galegos naquela época.

No artigo ofrécese unha síntese dos estudos previos sobre este tema para marcar unha guía de cara a investigacións futuras. A autora advirte, non en tanto, da complexidade da cultura castrexa, que non foi, nin moito menos, monolítica. Foi un período extenso, de máis de mil anos, e que foi mudando de xeito notable desde a Idade de Bronce ata a ocupación romana.

Publicidade

E como era aquela relixión prerromana? A autora advirte, con todo, de que non todos os ritos eran sinónimo de relixión, xa que a falta de evidencias impide establecer o conxunto de discursos e accións polo que se guiaban aquelas sociedades. Lembra ás deidades con máis mencións, como Bandua, Coso, Nabia ou Reve, con cadansúas variacións de grafías, e apórtanse varios elementos, entre os que sobresaen os sacrificios, as ofrendas, os ritos de iniciación e de comensalidade.  A autora baséase na presenza de restos arqueolóxicos, como os bronces votivos, nos que aparecen representadas figuras humanas e animais, torques e caldeiros.

Analízase a presenza de edificacións termais no interior dalgúns castros, que, dependendo dos autores, se atribúen a meros balnearios ou tamén a usos rituais relacionados coa iniciación de novos guerreiros. Do mesmo xeito, exponse a existencia dos santuarios rupestres nestes mesmos poboados.

Volvendo aos sacrificios, menciónase a socialización que se leva a cabo a través dos banquetes. Primeiro coa morte dos animais que posteriormente se consomen.E logo cítase de novo a Estrabón (“comen sentados sobre bancos construídos arredor das paredes, aliñándose neles segundo as súas idades e dignidades”) para describir os ritos dos banquetes.

Mar Llinares tamén cita ao autor grego para falar das execucións: “Precipitan aos condenados a morte, lapidan aos parricidas máis alá das montañas e os cursos de auga”. No caso das precipitacións, a autora menciona un feito relixioso, “no sentido de que equivale a unha ordalía, a entregar á persoa acusada a unha divindade para que dispuxese da súa vida”.

É, en definitiva, unha síntese da documentación existente, expoñendo as conclusións dos arqueólogos e historiadores de diferentes orientacións metodolóxicas; un estado da cuestión, segundo a autora, “como punto de partida para o desenvolvemento das novas investigacións do futuro”.

3 COMENTÁRIOS

  1. Vamos por partes. Estrabão denominava os povos ocidentais hispanicos em sentido lato como “Lusitanos”. Mais refere que os Lusitanos tinham a sul o rio Tejo, a norte e poente o oceano e a nascente entre vários povos os calaicos. Outros autores referem também a norte do rio Douro, e por esta ordem os Calaicos, Bracaros, Limios, Grovios, Artrabos e Astures. Para além de serem etnóminos, são também topónimos (cale=gaia), (bracara=braga), (limia=viana, ponte de lima, xinzo),etc. Os grovii, não confundir com ocobriga ou O Grove, segundo alguns clássicos estariam espalhados pelo vale do rio Minho (Tui, Castro Santa Tegra), Lima e Neiva e não eram considerados celtas mas antes de origem grega. O próprio Estrabão chega a certa altura a querer não mencionar os nomes de mais de 30 tribos diferentes a norte do tejo por serem tão rudes e violentos que o enfastiavam. Por fim e dentro dos Lusitanos, considerou como povos semelhantes nos modos e hábitos, os callaicos, astures e cantabros que vão da parte norte ocidental da Ibéria até aos vascões e linha dos Pirineus.

  2. “Asi narra Estrabón os sacrificios dos castrexos” Falava Estrabo de castrexos? ou preferia usar esse etnonimo proibido na actualidade no NO peninsular? Ainda vai ser que Estrabo tambem era um esotérico… manda caralho!

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

Descobren características do VIH compatibles coa súa curación

Científicos de Sevilla estudaron a persoas cuxo organismo é capaz de dominar o virus sen necesidade de tomar un tratamento antirretroviral

O CSIC acha unha combinación de fármacos eficaz fronte ao SARS-CoV-2

A unión de ribavirina e remdesivir consegue eliminar de forma rápida o virus ao inducir un exceso de mutacións no seu xenoma que lle impiden multiplicarse con eficacia

Máis do 90% das crías de pardela cincenta teñen plásticos no estómago

Un estudo en exemplares xuvenís de Canarias e Azores apunta a esta especie como un biomarcador de refugallos flotantes no Atlántico norte