Venres 29 Marzo 2024

Comeza a busca do maior campamento romano da Gallaecia

O xacemento de Lomba do Mouro (Verea, Ourense e Melgaço, Portugal) ten un tamaño superior ás vinte hectáreas e podería acoller a dez mil lexionarios

O investigador da University of Exeter João Fonte, membro do colectivo de investigación romanarmy.eu, dirixirá a intervención arqueolóxica que se realizará entre o 7 e o 18 de setembro de 2020 no recinto fortificado de Lomba do Mouro, unha estrutura arqueolóxica de enormes dimensións localizada por romanarmy en 2017 e situada na fronteira entre Galicia e Portugal, nos concellos de Verea (Ourense) e Melgaço (Portugal). A intervención arqueolóxica busca validar a hipótese de que se trata dun campamento militar romano de carácter temporal.

De confirmarse, Lomba do Mouro sería o campamento romano de maiores dimensións do noroeste peninsular e poderia estar vinculado á penetración e saída do actual território galego dun importante continxente militar de máis de 10.000 soldados. A intervención é parte do proxecto europeo Finisterrae financiado pola Comisión Europea a través dunha bolsa individual Marie Skłodowska-Curie.

Publicidade

Lomba do Mouro está localizado no Planalto de Castro Laboreiro, nunha zona de especial concentración de túmulos megalíticos. Foi descuberto a través da análise de datos LiDAR cedidos polo IGN-PNOA e ocupa máis de vinte hectáreas de terreo, contando com dúas liñas defensivas. A só oito quilómetros, romanarmy localizou tamén outro sitio militar de carácter temporal de dimensións similares: Chaira da Maza, no concello ourensán de Lobeira, o cal leva a trazar a hipótese de que se trate dunha liña de avance. A intervención arqueolóxica procurará datar e contextualizar historicamente este sitio a través da cultura material recuperada e da recolla de mostras com vistas á súa datación, en colaboración co Grupo de Investigação C2TN do Instituto Superior Técnico de Lisboa. A princípios de agosto, no marco do mesmo proxecto de investigación, tamén se interviu arqueoloxicamente noutro campamento ubicado no Gerês/Xurés, o Alto da Pedrada, no concello português de Arcos de Valdevez.

Os novos mapas dos campamentos militares romanos na Gallaecia

Os arqueólogos traballarán exclusivamente na parte portuguesa do xacemento. Está financiada polo Fundo Ambiental Fundo Ambiental (Ministério do Ambiente, Governo de Portugal), polo Município de Melgaço e polo Instituto da Conservação da Natureza e das Florestas, I.P. (ICNF), no contexto da posta en valor da rede de sendeiros do Planalto de Castro Laboreiro. O traballo de campo irá ser realizado em colaboración directa coa empresa Era-Arqueologia.

O traballo conta coa colaboración dos veciños da comarca, a través da União das Freguesias de Castro Laboreiro e Lamas de Mouro e do Conselho Directivo dos Baldios da Freguesia de Castro Laboreiro, sendo este últimos os propietarios dos terreos.

Romanarmy.eu é un colectivo científico que investiga a presenza  militar romana no Noroeste da Península Ibérica, conformado por investigadores de distintas universidades e centros de investigación europeos, diferentes disciplinas e especialistas en varias épocas históricas.

1 comentario

  1. A foto é do posible campamento da Pedrada (Serra do Soajo), non do Laboreiro. E ningún deses campamentos estaría no Gerês-Xurés, senon nas serras do Soajo e nos montes do Laboreiro. Aínda que si é verdade que estas dúas forman con aquela (e xuntamente coa serra da Peneda, Os Quinxos, a serra de Sra.Eufemia-Amarela e o Pisco-Mourela) a chamada Reserva da Biosfera Transfronteiriza/ça Gerês-Xurés.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:03:16

P de Portugal: algo máis que irmáns (ata o século XII)

Cando morreu o rei García en 1090, o Reino de Galicia pasa a ser divido en dous condados separados polo río Miño

O portentoso despregue militar dos romanos: descobren otros sete campamentos en Galicia

O equipo Romanarmy achou os recintos a través da fotografía aérea e a tecnoloxía LiDAR, que escenea o territorio e filtra a vexetación

Un cuartel romano de ata 3.500 soldados na Laracha: comeza a escavación de Santa Baia

O campamento comprende no interior un castro enteiro da Idade de Ferro

Da Coruña a Roma en 80 días: un mapa interactivo recrea as viaxes no Imperio romano

ORBIS é unha ferramenta académica que pretende mellorar a comprensión de como funcionaba a gran escala o sistema romano