A profesora de Literatura Española Margarita Santos Zas foi unha das principais impulsoras do arquivo. Foto: USC.
A profesora de Literatura Española Margarita Santos Zas foi unha das principais impulsoras do arquivo. Foto: USC.

Premian o Arquivo Valle Inclán como mellor ferramenta do 2018

A ferramenta, impulsada polo Grupo de Investigación Valle Inclán da Universidade de Santiago, compila máis de 4.500 documentos do autor galego

O grupo de investigación Valle-Inclán da USC, dirixido pola profesora da Área de Literatura Española Margarita Santos Zas, vén de acadar o premio Humanidades Dixitais Hispánicas á mellor ferramenta, recurso e infraestrutura 2018 polo Arquivo Dixital Valle-Inclán (1888-1936), tal é como se recolle na resolución que vén de emitir o xurado encargado de fallar a primeira edición dos Premios HDH2018.

O Arquivo Dixital Valle-Inclán, na honra do célebre autor galego (1888-1936) é unha das tarefas de maior envergadura que ten abordado o Grupo de Investigación Valle-Inclán da USC (GIVIUS) tanto pola inversión de recursos humanos e materiais destinados, como polo traballo coordinado de equipos. O excelente resultado desta actuación xustifica a xa longa traxectoria deste grupo de investigación da USC. Daquela, cómpre salientar que o Arquivo Dixital Valle-Inclán (1888-1936) recolle o corpus impreso do escritor anterior a 1936: documental, hemerográfico e bibliográfico, ademais de iconográfico e gráfico, compilado polo GIVIUS ao longo dos seus vinte anos de traxectoria.

Arquivo Valle-Inclán: consulta 4.500 documentos e 80.000 imaxes do xenial escritor

O fondo está integrado por 4.500 documentos aproximadamente que, convertidos en imaxes dixitais, acadan a cifra de 80.000 documentos. O ADVI proporciona desta xeito unha plataforma de consulta en liña a unha diversidade de usuarios e constitúe asemade unha potente ferramenta para a comunidade investigadora.

O acceso a todo o material que forma parte deste arquivo dixital, alén de constituír a principal achega do GIVIUS aos estudos valleinclanianos, é a súa contribución ao campo das Humanidades Dixitais e, por último, cumpre o obxectivo de devolver á sociedade o traballo realizado con fondos públicos (proxectos de investigación financiados por Mineco-fondos FEDER e /ou a Xunta de Galicia).

O xurado encargado de fallar a primeira edición dos Premios Humanidades Dixitais Hispánicas (HDH) estivo formado por Sagrario López Poza, da Universidade da Coruña; Domenico Fiormonte, da Universidade de Roma Tre); Paul Spence, de King’s College London; Carmen Isasi, da Universidade de Deusto, e Nuria Rodríguez Ortega, da Universidade de Málaga e presidenta de Humanidades Dixitais Hispánicas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.