A igrexa de San Facundo de Ribas de Miño, en Paradela (Lugo).

Paradela: o único cemiterio con todas as lápidas en galego

San Facundo de Ribas de Miño é un camposanto especial: todos os seus rótulos funerarios están escritos na lingua de Rosalía

Só existe un cemiterio en Galicia que teña todas as súas lápidas en galego. Está situado no municipio lucense de Paradela e a razón desta unanimidade lingüística é un acordo dos veciños, que decidiron unificar o deseño das sepulturas, a súa tipografía e tamén o idioma. Agora: San Facundo de Ribas de Miño ten o raro privilexio de que todos os seus escritos mortuorios están na lingua de Rosalía.

Para celebrar este feito, e co gallo do Día de Defuntos, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia e o Concello de Paradela, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, celebrarán o día 31 de outubro un acto para “reafirmar o uso do idioma propio no único cemiterio con todas as lápidas en galego”.

Todas as lápidas de San Facundo están escritas en galego.

O acto comezará na propia Casa do Concello de Paradela, ás doce do mediodía, onde o alcalde de localidade, José Manuel Mato, dará a benvida aos participantes e aos veciños do municipio que queiran sumarse ao mesmo. Posteriormente, os presentes que o desexen asinarán a “acta de reafirmación de Galeguidade”, dentro da iniciativa ‘En Galego, agora e sempre’, parar declarar que queren “que a súa despedida vital, funerais e todas as cerimonias de despedida da vida sexa feitas en galego”.

O acto no Concello rematará coas palabras do presidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, Xosé González Martínez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Espectacular vista de San Facundo.

Desde a capital municipal, os participantes desprazaranse ao cemiterio de San Facundo de Ribas de Miño, onde se descubrirá unha placa para deixará constancia desta celebración. Os participantes visitarán o cemiterio e a igrexa, acompañados polo sacerdote e musicólogo Xesús Mato, premiado coa Medalla Castelao e Fillo Predilecto do Concello de Paradela.

San Facundo fúndase no século XII para acoller aos peregrinos que se dirixían a Santiago de Compostela. Despois da destrución da ponte que cruzaba o Miño en Portomarín por Dona Urraca, os monxes beneditinos instálanse neste lugar do Miño para cruzar en barca os peregrinos. Cando se reconstrúe a ponte, en San Facundo refuxiábanse os viaxeiros que non podían pagar o pontádego de Portomarín.

No ano 1620 pasou a ser priorado do mosteiro cisterciense de Santa María de Montederramo.

O conxunto está situado nunha paraxe de gran beleza, próximo ao río Miño e rodeado de viñedos, declarado Monumento Nacional en 1982.

4 COMENTÁRIOS

  1. El español también es el idioma propio de Galicia no seamos intolerantes.

    • O castelán é:
      A) Inferior: Un subdialecto condal.
      C) Infiel: ó latín.
      D) Deturpado: durante a reconquista da Ispaniya musulmán.
      E) Africano: Estendeu a sus bosta arabizante polas taifas ispanas.
      F) Praga: froito da indixencia mental dos seus infieis rebuznantes.
      Vai pastar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.