Os dous canóns da Armada Invencible rescatados en Corrubedo

O achado dun percebeiro permite recuperar as dúas pezas de artillería que levan os selos do rei Filipe II e que están datadas no século XVI

Un momento do rescate dun dos canóns do século XVI.

Dúas pezas de artillaría de bronce cunha historia de case cinco séculos emerxeron este venres de augas fronte preto da vila de Ribeira, en Corrubedo. Eran un canón e unha culebrina cos escudos do rei Filipe II e que todo apunta a que pertenceron a algún buque dos que participaron en La Grande y Felicísima Armada, que foi o nome que lle deu o monarca á gran frota que armou en 1588 co obxectivo de invadir Inglaterra, e que finalmente foi chamada despectivametne polos ingleses como Armada Invencible, tras fracasar no seu obxectivo de conquista.

Publicidade

Mergulladores da Armada Española pertencentes á Unidade de Mergullo de Ferrol (UBUFER), con base na Estación Naval da Graña, en coordinación co Servizo de Patrimonio Arqueolóxico e Gardacostas da Xunta de Galicia, interviñeron durante a mañá deste venres 15 de abril nas proximidades de cabo Corrubedo, para levar a cabo a extracción das dúas pezas de bronce, un canón e unha culebrina, que na primeira inspección xa semellaban pertencer a un buque de Estado do século XVI.

Unha das pezas é izada a bordo. Foto: Armada Española.

O achado realizouse durante o día anterior por un percebeiro, Sergio García, que tras atopar os canóns decidiu sinalizalos cunha boia e dar aviso á Patrimonio da Xunta de Galicia. Ao tratarse dun buque de guerra, a responsabilidade do rescate era da Armada, xa que a Lei de Navegación Marítima que lle outorga as competencias sobre os buques de Estado. Por esta razón, mobilizose un equipo da Unidade de Mergullo de Ferrol para, en coordinación e seguindo directrices do Servizo de Patrimonio da Xunta de Galicia, realizar a extracción das pezas con total seguridade para poder estudar a súa procedencia e antigüidade.

Os escudos de Filipe II están presentes en ambas as dúas pezas.

Xa os propios técnicos da Armada apuntaron tras o rescate que todo indicaba que estaban ante artillería propia do século XVI. “Nas pezas rescatadas figuran algúns escudos que poderían relacionalas coa Armada de Felipe II, aínda que é necesario realizar un estudo máis exhaustivo que permita precisar a súa procedencia con máis exactitude”, explicaban nunha nota oficial. O arqueólogo submarino Miguel San Claudio amosouse convencido de que o buque pertence á alcumada Armada Invencible e transmitiu a necesidade de facer unha campaña de investigación na zona, xa que pode haber máis pezas de artillería. O percebeiro Sergio García animou esta teoría ao asegurar que ten avistado balas de canón e unha áncora na mesma zona fronte a Corrubedo.

Aínda que serán os vindeiros estudos os que determinen a orixe e procedencia desas pezas, para relacionalas con algún dos moitos afundimentos que se rexistraron nesta zona.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.