Os fósiles de crocodilos foron atopados na mina das Pontes.

Un crocodilo na lagoa das Pontes con 28 millóns de anos

Na vella mina foron atopados fósiles con máis de vinte millóns de anos, cando Galicia tiña un clima subtropical

Hai 28 millóns de anos, mandas de crocodilos campaban por Galicia nun clima subtropical, con lagoas e pantanos, grandes pastizais e árbores e fentos. Aquela natureza entre a selva e os pasteiros, con abundancia de auga, era o terreo propicio para unhas especies que, xa no Oligoceno, eran en realidade unha reliquia do Triásico, 180 millóns de anos antes, cando reinaban os dinosauros.

O curioso é que algúns daqueles crocodilos chegaron ata o Holoceno, é dicir, a era actual con permiso dos que defenden que xa estamos noutra distinta: o Antropoceno, caracterizada pola influencia do ser humano sobre a nosa Terra.

Aqueles crocodilos da Galicia de hai 28 millóns de anos viaxaron ata os nosos días en forma de restos fósiles, que foron atopados na mina de de lignito pardo de Endesa nas Pontes.

Restos fósiles no carbón.

Dende os anos 80, primeiro por casualidade, e despois xa como froito da mostraxe, os xeólogos de Endesa foron atopando distintas mostras, entre as que figuran varios fósiles de crocodilos, entre os que figuran un cranio, vértebras e un tronco que mide máis de tres metros e medio de lonxitude. Estas colosais criaturas non eran precisamente unha píntega.

Fósil da cabeza dun crocodilo.

A Casa das Ciencias da Coruña xa realizou no 2008 unha exposición con estes fósiles, ademais doutros de cogomelos e dun hipotótamo pigmeo que tamén foron atopados na mina das Pontes.

Os investigadores atoparon que estes crocodilos da Galicia do Oligoceno vivían en terreos pantanosos de pouca profundidade, apenas dous metros. E o traballo na mina permitiu aflorar estes restos fósiles, conservados na roca sedimentaria que consegue manter en boas condicións estes restos fosilizados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.