Xosé Manoel Núñez Seixas. Fonte: TVG.
Xosé Manoel Núñez Seixas. Fonte: TVG.

O catedrático de Historia da USC Núñez Seixas, Premio Nacional de Ensaio

A obra "Suspiros de España. El nacionalismo español 1808-2018" aborda unha xenealoxía histórica dos diversos discursos nacionalistas españois contemporáneos

O xurado do Premio Nacional de Ensaio anunciou este martes o galardón para Xosé Manuel Núñez Seixas (Ourense, 1966), catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, pola obra Suspiros de España. El nacionalismo español 1808-2018A decisión argumentou a súa decisión  sobre este traballo “por trazar unha historia do nacionalismo español nas súas diversas correntes e manifestacións ao longo da Idade Contemporánea”, sendo ademais “unha obra que se apoia nunha densa traxectoria de investigación, destaca polo seu esforzo de síntese e claridade expositiva, así como polo seu rigor”. Núñez Seixas sucede así a María Xesús Lama, premiada en 2018 pola obra Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863).

O libro de Núñez Seixas aborda unha xenealoxía histórica dos diversos discursos nacionalistas españois na Idade contemporánea, sen esquecer os seus precedentes. No libro constátase que todos eles comparten a indivisibilidade da soberanía, cuxo único suxeito é España, e a convicción de que a polis, a comunidade política española, non ten acta constitutiva na Constitución de 1978, nin na de 1812, senón que posúe fundamentos históricos e culturais anteriores. A partir de aí, houbo patriotas demócratas e non demócratas, nacionalistas étnicos e cívicos, e combinacións diversas de ambos os elementos.

Currículo de Núñez Seixas

Núñez Seixas é catedrático de Historia Contemporánea dende outubro de 2007, e actualmente está en excedencia atedrático de Historia Contemporánea de Europa en la Universidad Ludwig-Maximilian de Múnich. Foi investigador invitado nas Universidades de Halle, Bielefeld Zentrum für vergleichende e Geschichte Europas (Berlín), así como no Centro de Estudios Migratorios Latinoamericanos (Buenos Aires). Tamén foi profesor invitado nas Universidades de Rennes II, París VII , París X -Nanterre , City University of New York, Stanford University (Estados Unidos.) e a Universidad Nacional de Mar del Plata (Argentina).

É membro do Arquivo de Emigración do Consello da Cultura Galega de Cultura Gallega e forma parte do consello asesor e de redacción de numerosas revistas españolas e internacionais, como Historia del Presente (Madrid), Estudos Migratorios (Santiago de Compostela), Ayer (Madrid), Historia Social (Valencia) e Estudios Migratorios Latinoamericanos (Buenos Aires). Tamén é membro do Consello Asesor das revistas españolas Historia, Trabajo y Sociedad (Madrid) e Segle XX (Barcelona), así como membro do Consello Asesor das revistas internacionais European History Quarterly (Londres), Spagna Contemporanea (Turín) e Galicia 21. Journal of Contemporary Galician Studies.

Entre os seus eidos de investigación destacan os movementos nacionalistas europeos en perspectiva comparada; nacionalismos galego, vasco e catalán; a cuestión nacional na Europa de entreguerras, o nacionalismo español no século XX e mais alá, as identidades locais, rexionais e territoriais en España durante os séculos XIX e XX, a historia cultural da guerra e da violencia, con especial referencia á Guerra Civil española e a fronte rusa durante a Segunda Guerra Mundial; a emigración española cara América Latina, séculos XIX e XX, con especial referencia á emigración galega a Arxentina, os emigrantes retornados antes de 1936 e a mobilización política entre as comunidades de emigrantes. Núñez Seixas foi premio Manuel Murguía de Ensaio.

1 comentario

  1. Eminente investigador da emigraçom ultramarina e da disciplina histórica; que bom sumarmos o segundo reconhecimento à literatura de indagaçom e interpretaçom.
    O ensaísmo galego avança, bom sinal.
    Parabéns ao premiado. “Suspiros de España” é um magnífico ensaio de esclarecimento, muito oportuno nestes momentos de desconcerto identitário.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.