Venres 19 Abril 2024

National Geographic dedica un especial ao primeiro campamento romano de Galicia

A revista National Geographic dedica un especial ao primeiro campamento militar romano de Galicia, localizado polo grupo de investigación Roman Army no lugar de Penedo dos Lobos, na provincia de Ourense. A publicación emprega imaxes do antigo campamento, que foi atopado moi preto da estación de esquí de Cabeza de Manzaneda, nunha zona tradicional de pastoreo. Entre as fotografías, podemos ver a estrutura rectangular do establecemento romano, que foi empregado durante as guerras astur-cántabras e tiña capacidade para acoller ata 1.000 soldados.

A revista faise eco das pezas atopadas nos traballos arqueolóxicos, que empregaron técnicas de teledetección e nos que traballaron investigadores das universidades de Santiago de Compostela e de Exeter, no Reino Unido.

Publicidade

Moeda romana coa efixie do emperador Augusto atopada en Penedo dos Lobos. Foto: Romanarmy.

“Estes achados sitúan a construción do campamento romano de Penedo dos Lobos nun horizonte cronolóxico anterior ao cambio de era e posiblemente contemporáneo ás guerras asturcántabras, coas que o Imperio romano puxo fin á conquista de  Hispania”, sinalaba Romanarmy nun  comunicado que emitiu o pasado 28 de agosto.

Clavo dunha sandalia. Foto: Romanarmy.

A intervención arqueolóxica no campamento romano permitiu descubrir a presenza militar romana máis antiga que se documentou ata o momento no territorio da actual Galicia. As moedas de bronce foron acuñadas por Publio Carisio entre o 25 e o 22 a. C. para pagar aos lexionarios que participaron nas campañas bélicas; Carisio foi legado (xeneral do exército romano) do primeiro emperador Augusto durante as guerras contra cántabros e astures.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha trintena de casos de dengue en Portugal: debemos preocuparnos en Galicia?

O mosquito tigre, vector da enfermidade infecciosa, detectouse por primeira vez no territorio galego no verán de 2023