Martes 23 Abril 2024

O Mapa de Sawley: Galicia como centro do mundo

Este mapamundi do século XII representa a catedral de Santiago como a fin do mundo coñecido

É un dos máis importantes mapamundis medievais e representa toda a Terra coñecida. O Mapa de Sawley, datado no ano 1190 e custodiado en Cambridge, sitúa a Compostela como o centro do mundo. E xa está en Galicia, cedido para a exposición ‘Galicia, un relato no mundo‘ que se inaugura o vindeiro 14 de novembro no Museo Gaiás.

Mapa de Sawley revela o coñecemento do reino de Galicia en Europa no século XII, durante a coñecida como “Era Compostelana“, un período de especial florecemento cultural, económico e institucional do reino. Datado cara 1190, contemporáneo do Pórtico da Gloria, o mapa sitúa a catedral de Santiago coma o edificio máis importante de Europa, ilustrándoa nun tamaño incluso maior que a Basílica de San Pedro de Roma.

Publicidade

Galicia, coa catedral de Santiago, no mapa de Sawley.

É un dos primeiros mapa mundi europeos e está considerado o mapa enciclopédico máis antigo conservado das Illas Británicas. Os mapas enciclopédicos son una síntese de saber pois non só colocan representacións xeográficas, senón os outros saberes do seu tempo: históricos, bíblicos e lendarios. Foi descuberto na biblioteca da abadía de Sawley, un mosteiro cisterciense de Yorkshire, e esta será a primeira vez que se exporá en Galicia.

O Mapa de Sawley representa na parte superior o Paraíso, cos seus catro ríos, e trazando unha liña vertical pásase por fitos da humanidade como a cidade que fundou Caín, a torre de Babel, Xerusalén e Roma, para chegar, finalmente, a Santiago.

O mapa tamén fala da proximidade da Apocalipse, que sinala o Camiño de Santiago

Os estudosos modernos pensan que o lugar sobresaínte que se outorga a Compostela buscaba advertir aos lectores sobre a proximidade da Apocalipse. Como a civilización xa alcanzara os límites de Occidente, o final estaba próximo. O Pórtico da Gloria da catedral de Santiago anunciaba “o final do camiño tamén era o final da Historia”.

Como curiosidade, o mapa de Sawley non está disposto como un mapa actual, onde o Norte está arriba. O mundo preséntasenos aquí con Oriente na parte superior, como adoita ser habitual na cartografía medieval por ser o lugar onde se supoñía que estaba situado o Paraíso.

Babel e a súa torre, no mapa de Sawley.

Os elementos que inclúe o mapa non se limitan só ao xeográfico, senón tamén aos elementos naturais e aos pobos que habitan determinadas rexións. Así, no sur (parte dereita do mapa) inclúense os basiliscos, estrañas serpes que podían matar coa mirada, criaturas das que xa falaban os gregos. E nos extremos setentrionais, os hiperbóreos (genshiperborea), que habitaban os últimos límites do mundo coñecido, nunha inalcanzable rexión situada no Norte.

Neste contexto sitúase a representación de Galicia, acompañada (como non acontence en ningún outro lugar do mapa) dun gran templo, algo que nos amosa a importancia peregrinatoria de Santiago de Compostela na Europa medieval.

E aquí podes consultar en liña o Mapa de Sawley no repositorio da Universidade de Stanford.

O espectacular mapa de Sawley.

5 COMENTÁRIOS

  1. no pone si el autor es anónimo y me hacía falta para el trabajo de gallego tendríais que ponerlo un poco más preciso para que la gente pueda entenderlo mejor y que yo pueda hacer bien el trabajo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses

Volven as Líridas: como ver esta chuvia de estrelas dende Galicia

O fenómeno astronómico, que se poderá ver ata o xoves 25 de abril, será pouco visible a causa da lúa chea

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización