Investigadores galegos atopan dólmenes a 2.100 metros nos Pireneos

Arqueólogos do INCIPIT de Santiago descobren estes megalitos que ergueron os antigos pastores de alta montaña

Restos dunha mámoa atoapada no Pireneo aragonés.

Un equipo de arqueólogos liderado polo Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT-CSIC), concluíu un traballo de investigación, iniciado este verán na Comarca da Jacetania, en Aragón, co obxectivo de completar o catálogo de monumentos megalíticos no Parque Natural dos Vales Occidentais (Huesca), cun achado: dous dólmenes situados a máis de 2.100 metros de altitude, converténdoos nun dos monumentos máis altos do Pirineo aragonés.

A investigación dirixida por Jorge Canosa Betés, contribúe a que estes e outros 50 monumentos prehistóricos coñecidos previamente pasen a ser incluídos no inventario do Gobierno de Aragón, convertendo ao parque natural nunha das zonas do Pirineo con maior densidade de sitios arqueolóxicos documentados.

O equipo de traballo estivo integrado, ademais de por arqueólogos do CSIC en Galicia, xunto a persoal da Universidade Pompeu Fabra e da Universidade de Leicester (Reino Unido).

Os traballos de localización e inventariado enmárcanse un proxecto de investigación sobre os primeiros pastores do Pirineo e a súa forma de ocupar e entender os espazos de alta montaña.

A localización destes megalitos era estratéxica para reclamar un territorio de pastoreo

O proxecto forma parte do traballo de tese doutoral de Jorge Canosa, que trata sobre concepto de monumentalidad e configuración das paisaxes monumentais durante a Prehistoria e está dirixida por Felipe Criado Boado e Pastor Fábrega Álvarez do INCIPIT.

Os dous dolmens/dólmenes identificados durante a prospección arqueolóxica atópanse xunto ao porto Vernera (Aragüés del Puerto) e de camiño ao porto de Aisa, a 2.120 metros e 2.117 metros de altitude respectivamente.

Están formados por un túmulo circular duns 15 metros de diámetro a base de rochas calcarias grises e unha cámara sinxela de grandes laxas alaranxadas. A estrutura de ambos está completamente desmoronada e ningunha das laxas segue en pé, pero, a pesar de todo, non hai signos evidentes de saqueo, “polo que non se pode descartar a posibilidade de que aínda se conserven restos humanos e de ajuar no seu interior”, dixo Jorge Canosa.

Os pastos da montaña pirenaica foron aproveitados polos rabaños dos grupos humanos neolíticos que levantaron estes dólmenes para enterrar aos seus defuntos. Pero os lugares onde situaron as sepulturas non foi casual. Como agora, a dureza do clima de alta montaña impedía pastar aos rabaños durante os meses fríos, polo que a presenza destes grupos humanos era só temporal. A falta de fronteiras, regulamentos e límites municipais, unha forma de reclamar o dereito para explotar os mesmos pastos ao ano seguinte era demostrando con estas tumbas que os teus parentes estiveran alí con anterioridade, polo que a localización dos dólmenes era estratéxica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.