Estas son as imaxes máis antigas da ría de Vigo: atopan fotos tomadas en 1870

O xornalista Eduardo Rolland descubriu en Francia unha serie que recolle as primeiras mostras de arqueoloxía subacuática, na expedición de Hippolyte Magen en Rande

Imaxe da expedición de Hippolyte Magen en Vigo en 1870, que forma parte do achado do xornalista Eduardo Rolland.
Imaxe da expedición de Hippolyte Magen en Vigo en 1870, que forma parte do achado do xornalista Eduardo Rolland.

Cento cincuenta anos despois de seren tomadas, as imaxes máis antigas que se fixeron de Vigo e a súa contorna apareceron, pero moi lonxe da cidade. E son, ademais, as primeiras que amosan a arqueoloxía subacuática en todo o mundo. Apareceron nun lote sen maiores identificacións, e foron adquiridas polo municipio de Angers, á beira do río Loira, en Francia, de onde era natural Ernest Bazin, enxeñeiro inventor da campá submarina que supuxo unha revolución mundial e que foi estreada na expedición na procura dos galeóns da batalla de Rande, e que agora se ve por primeira vez retratada en imaxes reais.

Restos dos galeóns da batalla de Rande rescatados en 1870.
Restos dos galeóns da batalla de Rande rescatados en 1870.

O autor daquelas imaxes foi o pintor pioneiro da fotografía Henri Durand-Brager, que foi contratado pola expedición de rescate de Hippolyte Magen. E 151 anos despois, grazas ao labor do xornalista Eduardo Rolland, cofundador e colaborador de GCiencia, que atopou os documentos o pasado verán, poderán verse de novo moi preto do lugar onde foron tomadas. Así o expuxeron este xoves Rolland e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, que avanzaron que as fotografías formarán parte dunha exposición na cidade. Ademais, un libro elaborado por Eduardo Rolland recolle e contextualiza as prezadas fotos da procura do “tesouro de Rande”.

ou os novos respiradores Rouquayrol para o mergullo, ademais dunha revolucionaria campá submarina, dentro da cal se tomaron varios dos retratos.
Eduardo Rolland e Abel Caballero, coas imaxes de Vigo de 1870. Foto: Concello de Vigo.

As imaxes constatan, deste xeito, como a ría viguesa acolleu naquel 1870 algunhas das máis relevantes innovacións técnicas. Alén da instalación da primeira luz submarina, da que se tiña constancia por ilustracións e os xornais da época, ou os novos respiradores Rouquayrol para o mergullo, ademais dunha revolucionaria campá submarina, dentro da cal se tomaron varios dos retratos, estas imaxes reforzan os grandes avances que supuxo aquela expedición. Nelas poden verse os mergulladores en acción, imaxes dos dos galeóns de Rande, aos protagonistas da campaña, o barco Le Vigo que se encargou das prospeccións… todo iso enmarcado na ría cunha antigüidade asombrosa, sen comparación ata a data na historia fotográfica e que servirá para iniciar novas investigacións.

1 comentario

  1. Hai copias de esas fotografías no Museo do Mar de Galicia (Vigo) dende fai 20 anos. Useinas para presentar o meu libro no 2005.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.