The Guardian dedica unha reportaxe a Doña Angelita e o seu libro electrónico

Doña Angelita, homenaxeada nunha reportaxe no británico The Guardian.

Doña Angelita, a mestra ferrolá que inventou o ‘e-book’ mecánico, acumula recoñecementos, tamén internacionais. Agora é o xornal británico The Guardian o que lle dedica unha reportaxe especial, co gallo de que o Concello de Madrid teña decidido dedicarlle unha rúa ao seu nome.

The Guardian louva que Ángela Ruiz Robles inventou ‘un enxeñoso precursor mecánico para os libros electrónicos de hoxe” e salienta que era “unha apaixoada e innovadora mestra de Galicia, que ideou un xeito de ampliar o coñecemento dos seus alumnos e alixeirar a súa carga de libros”.

“A súa enciclopedia mecánica – patente española número 190.698 – era una caixa de metal de cor verde pastel chea de carretes, innovación e entusiasmo pedagóxico”, escribe o xornalista de The Guardian, que destaca como Doña Angelita pensou en todo, dotando ao trebello duha pantalla de lupa e unha luz para poder ler na escuridade.

guardian angelita

Por desgraza, a profesora non atopou financiamento para o seu invento. E The Guardian recorda que a Enciclopedia Mecánica de Doña Angelita atópase agora en exposición no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) na Coruña.

A homenaxe de The Guardian non é a primeira internacional que recibe Doña Angelita, xa que, o 28 de marzo de 2016, a que sería a data do seu 121 aniversario, foi obxecto dun Doodle de Google. Agora, o Concello de Madrid tamén rende homenaxe a este profesora e inventora dedicándolle unha rúa na capital de España.

E aquí podes ler a nosa reportaxe sobre Doña Angelita e a súa enciclopedia:

historias-gc/dona-angelita-ferrola-que-inventou-o-libro-electronico/

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.