Xoves 28 Marzo 2024

Os fotógrafos de mortos en Galicia: arte, superstición e negocio

Houbo un tempo no que, polas vilas e aldeas de Galicia, circulaban os ‘fotógrafos de mortos’, chamados para retratar aos defuntos no seu tránsito cara a outra vida. Houbo grandes mestres deste arte como Virxilio Viéitez (Forcarei), José Moreira (O Porriño), Ramón Caamaño (Muxía), Raniero Fernández (Vigo), Pedro Brey (A Estrada) o J. Pintos (Pontevedra). Todos eles eran en realidade fotógrafos convencionais, aquilo era un traballo, pero dedicaron parte das súas vidas a retratar a morte dos demais.

A fotografía de mortos pode parecer hoxe tétrica. Pero tiña unha función. A máis importante era certificar o pasamento dun familiar, algo fundamental para as herdanzas, especialmente cando membros da familia estaban na emigración. Porén había tamén motivos sentimentais, en especial nas fotos dos cativos mortos: “Era un xeito de que permanecesen na familia”, explica a historiadora Virgina de la Cruz, autora do libro “El retrato y la muerte”: “Se o defunto era un neno ou unha persoa nova, a razón de capturar a súa imaxe para a posteridade tiña máis que ver con obter un recordo da súa existencia. Por iso, estas imaxes teñen unha escenografía máis branca e dulcificada que a dos maiores. Nalgúns casos, mesmo, aparecen xunto ao bebé falecido os seus pais ou os seus irmáns, coma se tratásese dunha foto máis do álbum familiar”.

Publicidade

Retrato dun velatorio de J. Pintos.

A doutora De la Cruz leu a súa tese na Universidade Complutense co título: “Retratos fotográficos post mortem en Galicia nos séculos XIX e XX“. E nela fai repaso dunha arte na que atopa trazos de antropoloxía: “En Galicia, crenzas, supersticións e costumes arredor da morte configuran un imaxinario colectivo do ‘Máis Aló‘ onde os defuntos adquiren un novo status social, manténdose partícipes en todo aquilo que incumbe á comunidade e á súa familia”.

Nos milleiros de fotografías analizados por De la Cruz, chaman a atención as primeiras etapas, no século XIX, cando os mortos semellaban estar moi vivos: “De feito, a mediados do século XIX, cando comeza a tradición da fotografía post mortem, é habitual disimular a morte cunha escenografía que lles fixese pasar por vivos: sentados xuntos a outros familiares mirando a cámara, como adormecidos nunha cadeira de brazos…”

Retrato de Virxilio Viéitez.

Moitas destas fotos viaxaban en cartas cara a América, para comunicar a morte dun familiar. Pero, en opinión de Virginia de la Cruz, o principal motivo para facer estes retratos non era económico: “En primeiro lugar, era o culto á memoria e ao recordo, como no caso de nenos falecidos. Era unha maneira de que o defunto continuase formando parte do núcleo familiar de forma simbólica e quedase inmortalizado para sempre entre os seus seres queridos”.

Outro retrato dun neno falecido realizado por Maximino Reboredo.

Algúns fotógrafos retrataban ao morto na súa caixa. Tal era o caso de Maximino Reboredo (1876-1899). A escenografía incluía o cadáver vestido coas súas mellores galas e obxectos relixiosos,  como cirios nos seus candelabros, pequenas imaxes relixiosas e composicións florais que rodeaban ao defunto.

Co tempo, a fotografía mortuoria pasa a ser “un novo artefacto do propio rito funerario”, en palabras da doutora De la Cruz: “ese rito engloba toda unha serie de crenzas arredor do Máis Aló habitado polas ánimas en pena, que manteñen unha relación estreita cos vivos”.

Retrato de familia ante un falecido.

E todos os fotógrafos seguen o canon estético que foi establecido no século XIX, introducindo algunhas características propias. “Ramón Caamaño introduce unha novidade ao retratar ao defunto só e cunha vista frontal, pero lixeiramente ladeada. O feito de que Virxilio Vieitez inclúa outras figuras na imaxe outórgalle un carácter de documento testemuñal das prácticas do rito funerario na Galicia dos anos sesenta”, repasa De la Cruz.

“Nestas imaxes, estes fotógrafos fan emanar a través do tema, pero tamén, a través da propia imaxe, unha atmosfera fría, unha rixidez penetrante, coma se a esencia do cadáver invadise a contorna”, conclúe a investigadora.

Hoxe, estes retratos de mortos semellan tétricos e turbadores. Pero houbo un tempo en que eran un paso máis no rito funerario. Un xeito de despedir a un familiar defunto pero que permanecese para sempre na compaña dos seus seres queridos.

Aquí podes ler a tese doutoral de Virginia De la Cruz

Retratos fotográficos post mortem en Galicia nos séculos XIX e XX

10 COMENTÁRIOS

  1. Penso que a relación que temos ca morte mudou, hoxe escónfese, non se quer ver. A fotografia daquela formaba parte dunha espiritualidade que hoxe xa non existe, e non falo dos ritos relixiosos

  2. Nom vejo supersticiom por ningures nesta costume, como afirma o encabezado do artigo, se nom razóns ben lógicas no contexto.

  3. La explicación que conocía y que me parece mucho más lógica que la que pone el artículo, es La de que, en aquellos tiempos no era fácil hacerse fotos, la gente moría sin haberse hecho ninguna, más fácil en los niños, por lo que se le hacia una foto para conservar su recuerdo, no por ritos ni explicaciones esotéricas; por eso cuando las fotos se hicieron habituales este tipo de fotos desaparecieron.

  4. La explicación que conocía y que me parece mucho más lógica que la que pone el artículo, es La de que, en aquellos tiempos, no era fácil hacerse fotos la gente moría sin haberse hecho ninguna, más fácil en los niños, por lo que se le hacia una foto para conservar su recuerdo, no por ritos ni explicaciones esotéricas; por eso cuando las fotos se hicieron habituales este tipo de fotos desaparecieron.

  5. La explicación que conocía y que me parece mucho más lógica que la que pone el artículo, es La de que, en aquellos tiempos, no era fácil hacerse fotos la gente moría sin haberse echo ninguna, más fácil en los niños, por lo que se le hacia una foto para conservar su recuerdo, no por ritos ni explicaciones esotéricas; por eso cuando las fotos se hicieron habituales este tipo de fotos desaparecieron.

  6. Estamos a facer um documentário e unha publicación sobre José Lobeiras Gómez “O Armeiro de Berulfe” un Home polifacético que era tamén fotógrafo ambulante. Temos tamén fotos de mortos deste home, un adiantado ao seu tempo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Así varía a posición do Sol ao longo dun ano

As fotografías de David Couce permiten observar como o astro muda o lugar polo que se oculta en función do mes no que observemos o atardecer

Seis imaxes que cambiaron a historia da ciencia

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de O ser humano empregou primeiro o debuxo e...

Que montes ves dende a túa casa? Unha aplicación cóntacho cunha panorámica

O simulador online permite obter os nomes e ubicación das montañas do horizonte dende calquera punto do planeta

As históricas fotos de Vigo de Rainiero Fernández, o cazador de imaxes

O Museo do Mar de Vigo propón un achegamento á obra do fotógrafo vigués desde unha óptica actual coa exposición “Rainiero Fernández. O Arquivo”