A momia de Nesiamón foi estudada nun hospital de Leeds. Fonte: Leeds Museums & Galeries/Twitter.
A momia de Nesiamón foi estudada nun hospital de Leeds. Fonte: Leeds Museums & Galeries/Twitter.

Así ‘falaba’ Nesiamón, unha momia exipcia de 3.000 anos

Por agora, os mortos non falan, pero a ciencia xa está conseguindo avances abraiantes neste sentido. A revista Scientific Reports publica esta semana un artigo de científicos británicos no que se reconstrúe un son vocal de Nesiamón, un sacerdote exipcio que viviu hai 3.000 anos, durante o reinado de Ramsés XI. Non pronuncia ningunha palabra completa, nin sequera unha sílaba, senón un son semellante a un ‘eh’, pero o fito é relevante. Aquí podes escoitalo.

E como o conseguiron? O estado de conservación da momia de Nesiamón permitiu que o equipo puidera introducir a momia no escáner de raios X dun hospital de Leeds, en cuxo museo arqueolóxico estaba Nesiamón. Con esta análise, e coa axuda da impresión 3D, fixeron unha reconstrución do tracto vocal que tiña o sacerdote, axudándose cunha especie de teclado capaz de reproducir o son en función da estrutura do seu sistema vocal.


“Cremos que é perfectamente plausible que un día se poida producir palabras moi semellantes a como el falaba en realidade”, apunta David Howard, investigador da Universidade de Londres.

Este científico xa traballara anteriormente na reconstrución do tracto vocal de xente viva. E segundo apunta, a vocal pronunciada por Nesiamón é moi realista. Non é a primeira vez que se consegue reconstruír a voz dun corpo momificado. En 2016, usando un método semellante, puido recrearse a pronuncia das vocais de Ötzi, o home das neves dos Alpes.

Para poder recrear con máis detalle a voz da momia, os investigadores precisarían coñecer máis detalles das articulacións do tracto vocal, así como a fonética e a prosodia da lingua que falaban naquel momento. Ademais, a pesar da boa conservación de Nesiamón, a lingua non sobreviviu 3.000 anos, polo que dificulta en parte obter unha aproximación maior.


ReferenciaSynthesis of a Vocal Sound from the 3,000 year old Mummy, Nesyamun ‘True of Voice’ (Publicado en Scientific Reports).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.