Un equipo de científicos recrea a voz dunha momia 3.000 anos despois da súa morte

Os científicos imprimiron en 3D o tracto vocal para poder escoitar o son

Un equipo de científicos recrea a voz dunha momia de 3.000 anos.
Un equipo de científicos recrea a voz dunha momia de 3.000 anos.

A momia exipcia Nesiamón, de 3.000 anos de antigüedade, emitiu un son (como un xemido alongado) despois de que un grupo de científicos imprimiran en 3D o seu tracto vocal. “Isto abre as portas a que nun futuro sexa posible chegar a reproducir palabras e forma na que soarían”, sinala o investigador David Howard, científico da Universidade de Londres.

Publicidade

En 2016, utilizando un escáner CT, os científicos foron capaces de recrear a voz da momia “Ötzi the Iceman”, e os seus sons vocálicos foron moito máis graves que os de Nesiamón. Esta vez, os investigadores utilizaron un método similar para recrear o tracto vocal de Nesiamón, dende os beizos ata a larinxe. Conectaron un altofalante a un ordenador facendo unha especie de larinxe artificial e utilizando o ordenador para xerar un son para o tracto vocal.

O resultado, o son dunha soa vogal, non é suficiente para sintetizar a fala corrente, explican os autores no seu artigo; para iso, necesitarían coñecer mellor as articulacións específicas do tracto vocal, así como a fonética e o ritmo da lingua deste antigo sacerdote. Tamén inflúe que aínda que o tracto vocal da momia estaba nun estado notable despois de varios milenios, faltaba a maior parte da lingua.


Referencias: 

Synthesis of a Vocal Sound from the 3,000 year old Mummy, Nesyamun ‘True of Voice’. (Publicado na revista Nature).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.