Unha nova evidencia dos denisovanos en Asia?

A científica galega María Martinón participa nun estudo sobre os homínidos de Tongzi, que detecta diferenzas morfolóxicas nos seus dentes

Song Xing, José María Bermúdez de Castro e María Martinón, autores do estudo. Fonte: CENIEH.
Song Xing, José María Bermúdez de Castro e María Martinón, autores do estudo. Fonte: CENIEH.

Dous investigadores do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH), a galegaMaría Martinón-Torres e José María Bermúdez de Castro, acaban de publicar dun estudo sobre os homínidos de Tongzi na revista Journal of Human Evolution, xunto ao científico chinés Song Xing. Nel revelan que os dentes destes homínidos non se axustan ao patrón morfológico de Homo erectus clásico polo que poderían potencialmente representar aos tan buscados denisovanos.

Os catro dentes estudados, atopados entre 1972 e 1983 na cova de Yanhui, en Tongzi, ao sur de China, teñen unha cronoloxía de entre 240.000 e 172.000 anos de antigüidade, e asignáronse nun principio a Homo erectus tardío ou a un Homo sapiens arcaico.

Os resultados apuntan á existencia de máis dunha poboación humana no leste de Asia durante este período

Ademais das comparacións morfolóxicas estándar, o estudo avaliou de novo a morfoloxía dos dentes dos homínidos mediante análises de morfometría xeométrica e microtomografía computarizada (micro-CT).

Os dentes de Tongzi comparáronse principalmente con homínidos do mesmo período cronolóxico (Pleistoceno Medio tardío) e/ou da mesma área xeográfica (Asia oriental), aínda que se incluíu unha ampla gama de homínidos na mostra comparativa.

Detalle dos dentes atopados en Tongzi. Fonte: CENIEH.
Detalle dos dentes atopados en Tongzi. Fonte: CENIEH.

En xeral, os resultados apuntan á existencia de máis dunha poboación humana no leste de Asia durante este período: unha que pode clasificarse taxonómicamente como H. erectus (representada por fósiles como Zhoukoudian, Hexian e Yiyuan); e unha segunda que se caracteriza pola expresión de trazos derivados que se atopan máis comunmente en especies do xénero Homo máis recentes, como a simetría da coroa, a redución lingual e a superficie da dentina simplificada do terceiro premolar.

“Serán necesarios máis achados fósiles e xenéticos para poder avaliar a taxonomía das poboacións “non-erectus” do Pleistoceno Medio asiático, como os homínidos de Tongzi, quen podería ser uns bos candidatos á liñaxe dos denisovanos”, sinala María Martinón-Torres.

Posibles candidatos: os denisovanos

Os denisovanos, ou homínidos de Denisova, son unha poboación relacionada cos neandertais que habitou en Asia durante o Pleistoceno Medio tardío e o Pleistoceno Superior, e que se descubriu no ano 2010 a partir da análise xenética dunha falanxe e un dente achados na cova de Denisova, no macizo de Altai (Rusia), nun traballo publicado en Nature polo equipo do antropólogo Svante Pääbo

Dos denisovanos obtívose abundante información xenética, pero apenas se teñen restos fósiles, polo que o seu aspecto físico e a súa identificación no rexistro fósil segue sendo un misterio.

Referencias: Late Middle Pleistocene hominin teeth from Tongzi, southern China (Publicado en Journal of Human Evolution).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.