Pedra na que se atopou o debuxo. Fonte: Craig Foster.

Pedra na que se atopou o debuxo. Fonte: Craig Foster.

O debuxo máis antigo que fixo o ser humano parece un #

Científicos atopan nunha cova de Sudáfrica un debuxo en forma de cancelo de 73.000 anos de antigüidade

Un equipo de científicos acaba de publicar na revista Nature o que é, segundo a datación realizada, o debuxo humano máis antigo que se coñece ata agora. Estímase que o gravado, atopado na cova de Blombos, en Sudáfrica, ten uns 73.000 anos.

É unha serie de liñas vermellas cruzadas, pintadas cunha cerca de po de ocre, e que teñen a aparencia do que hoxe é o símbolo do cancelo (#).

Animación que amosa o debuxo.

Animación que amosa o debuxo.

O equipo de investigadores sostén, ademais, que o debuxo foi feito a propósito. Para demostralo, fixeron unha análise química dos pigmentos e un estudo con microscopio electrónico e espectometría. Alén disto, reproduciron os trazos con varias técnicas: trozos de ocre cunha punta, e pinceis que marcaron a superficie cunha mestura de auga e po de ocre.

Así, sinalan os científicos, “as análises confirman que o pigmento aplicouse de forma intencionada na lámina cunha cera ocre” de entre un e tres milímetro de grosor, nunha superficie pulida previamente a base de fricción. Isto convérteo no debuxo máis antigo descuberto ata o de agora, 30.000 anos máis vellos que os coñecidos ata este achado.

Debuxo artístico ou borrancho?

Porén, aínda que fose un traballo intencionado, non está claro se se trata dunha representación artística, cun obxectivo concreto, ou un simple borrancho. Dun ou doutro xeito o traballo demostra, segundo os investigadores, “a capacidade dos primeiros Homo sapiens no sur de África para producir deseños gráficos en varios medios usando diferentes técnicas”, explican.

Durante moito tempo críase que os primeiros símbolos apareceran cando os homínidos colonizaron o continente europeo, hai agora 40.000 anos. Pero os achados posteriores adiantaron a estimación do comezo da produción artística e simbólica dos humanos. O gravado máis antigo foi atopado nun mexillón de auga doce na illa de Java, en Indonesia, nunha capa duns 540.000 anos de antigüidade.

O traballo estivo liderado por Christopher S. Henshilwood da universidade de Bergen (Noruega) e pola universidade de Witwatersrandy (Sudáfrica).

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.