Curros de pedra: o patrimonio que une Galicia e Cornualles

As Universidades de Santiago e Oxford colaboran nun estudo sobre o patrimonio biolóxico e cultural

Curro de pedra en Froxán. Foto: Joám Evans Pim.
Curro de pedra en Froxán. Foto: Joám Evans Pim.

A pesar de que hoxe esta unión non pareza tan relevante, a liña que trazan as rexións de Galicia, Bretaña e Cornualles a través do Atlántico marcou sen dúbida a historia do occidente europeo. Pobos cunha estreita relación marítima durante séculos, e cuxo vínculo se constata nas pegadas que quedan no patrimonio dos tres lugares. E así o expón un estudo que publica a revista Land, no que participan as universidades de Santiago e Oxford, e que analiza as semellanzas dos extensos curros de pedra do monte de Froxán, en Lousame, e o de Ladydown Moor, en Cornualles.

A investigación contou coas achegas de arqueólogos, antropólogos, botánicos e xeógrafos para obter un enfoque completo sobre a importancia das prácticas de conservación comunitaria, e foi coordinado por Patricia Sanmartín, especialista en estudos da conservación do Patrimonio do grupo GEMAP (Estudos Medioambientais aplicados ao Patrimonio Natural e Cultural) adscrito ao departamento de Edafoloxía da USC, en colaboración coa catedrática en Bioxeomorfoloxía e Conservación do Patrimonio da Universidade de Oxford, Heather Viles.

Entre os datos relevantes, a publicación apunta ao vínculo directo entre as actividades culturais históricas e o establecemento e resiliencia de hábitats dentro de estruturas patrimoniais construídas en pedra, mesmo 70 anos despois da redución ou abandono dos usos tradicionais, forzado no caso de Froxán pola usurpación nas posguerra civil dos montes polo Patrimonio Forestal do Estado para unha reforestación que implicou a fin do pastoreo.

Así, foi analizada a evolución histórica dos usos en relación ás mudanzas demográficas e socio-políticas do contexto territorial de ambos os curros, fortemente marcado pola intensificación de actividades non tradicionais como a agricultura e silvicultura intensivas e a minería. Determinadas comunidades vexetais actualmente existentes foron interpretadas como manifestacións do patrimonio bio-cultural preservado en Ladydown Moor e o monte de Froxán, neste último caso con zonas de especial valor como a turbeira de Campo de Lamas, que funcionou como reservorio de hábitats de importancia e que facilitarán a restauración ambiental que xa está a desenvolver a Comunidade Veciñal de Froxán, cuxo traballo foi recoñecido hai un tempo pola ONU como exemplo de xestión de monte comunal.

A ONU escolle dous montes galegos como exemplo de xestión comunal

Referencia: Pastoral Stone Enclosures as Biological Cultural Heritage: Galician and Cornish Examples of Community Conservation (Publicado en Land).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.