As pinturas renacentistas de Nogueira de Miño están xa restauradas. Foto: Crea Restauración.

Culmina a restauración da ‘Capela Sistina’ de Galicia

Algúns din que é a ‘Capela Sistina‘ de Galicia. Porque son realmente espectaculares os frescos renacentistas da igrexa de Nogueira de Miño, en Chantada (Lugo). A empresa Crea Restauración, contratada pola Xunta de Galicia, anuncia o remate dos traballos sobre estas pinturas murais datadas no século XVI.

Os frescos renacentistas pasaron séculos baixo unha capa de cal. Como acontece noutras igrexas románicas, hai moito tempo que se decidiu pintar de branco as paredes ata que, baixo delas, apareceron unhas pinturas de gran valor histórico, artístico e patrimonial. “Estaban cubertas por varias capas de cal que as ocultaban por completo”, explican en Crea Restauración: “A intervención consistiu no desencalado, o recheo de oquedades e a fixación ao muro, limpeza, amorteirado de lagoas e, para rematar,  a reintegración cromática con acuarelas”.

nogueira limpieza

O resultado son unhas pinturas que levaban ocultas máis de 200 anos. E que representan unha completa escea artística que inclúe a Anunciación da Virxe, co Arcanxo Gabriel e a Virxe a súa dereita. Tamén vemos un Pantocrátor que preside a escena entre as nubes. Noutros espazos do mural aparece o martirio de San Sebastián e a Santísima Trinidade.

Esta ‘Capela Sistina’ será un novo atractivo turístico para Chantada, nunha zona da Ribeira Sacra moi próxima ao Cabo do Mundo.

2 COMENTÁRIOS

  1. Como galego , me alegro de que se haya podido restaurar, una joya como esa, es un orgullo , y que sirva de ejemplo, para restaurar el gran patrimonio que tenemos , y lo demos a conocer al resto del país

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.