Xoves 28 Marzo 2024

Cando o ‘tigre’ campaba por Galicia

Din que os paisanos o chamaban popularmente ‘O Tigre’. Porque era un gran depredador cun aspecto imponente. Pero, en realidade, tratábase do lince boreal, que habitou Galicia ata datas recentes, segundo unha recente investigación. O lince ibérico (lynx pardinus) é a insignia de Doñana. Tamén é un dos felinos máis ameazados do mundo. Actualmente, apenas quedan algunhas parellas no parque nacional andaluz, en Sierra Morena e na Mancha, onde foi reintroducido. Pero, hai pouco máis de tres décadas, en 1980, a súa presenza alcanzaba cara ao Norte ata Zamora. Con todo, en Galicia era un animal estraño. Pero un equipo de científicos vén de descubrir que nos montes galegos había linces ata data recente. Pero non o ibérico, senón o seu “curmán” maior, o lince boreal (lynx lynx), co dobre de peso. Así que, ata comezos do século XX, podías pasear polos montes de Galicia e atopar un bicho coa aparencia dun tigre, un metro e trinta centímetros de longo, 75 centímetros de altura e trinta quilos de peso. E cunhas farpas capaces de matar a un ser humano dunha poutada. Un encontro que, cando menos, supoñía un susto importante, sen ningunha dúbida.

O lince boreal, chamado 'lobo cerval' ou 'O Tigre'.
O lince boreal, chamado ‘lobo cerval’ ou ‘O Tigre’.

Ata agora, críase que o lince boreal non cruzara nunca os Pireneos. Atribuíase ao ibérico o nome popular galego do “lobo cerval”, protagonista de auténticas carnicerías, tamén nos rabaños de ovellas. Pero un grupo de zoólogos e paleontólogos españois, baseándose en documentos históricos e restos de ósos, defendían que o lince boreal habitaba o norte de España ata hai pouco. Esta hipótese vén de confirmarse coa análise de ADN antigo de restos fósiles achados no norte de España xunto con datacións directas por carbono-14 que demostran agora que o lince boreal habitou a cornixa cantábrica desde principios do Holoceno (hai máis de 11.000 anos) ata hai só uns séculos. O estudo, que se publica en ‘Journal of Zoology‘, revela que o lince euroasiático tamén campaba polos montes de Galicia.

Publicidade

Mencións ao ‘lobo cerval‘ hai moitas na historia de Galicia. A máis antiga está datada en 1760, cando se describe a súa presenza en Verín. Pero, en 1863, o prestixioso naturalista Víctor López Seoane atópao distribuído pola provincia de Pontevedra, con anotacións en Lalín e nos montes entre Pontevedra e Vigo. Hai mencións de estudiosos tanto na serra do Courel como en Vilalba. E, desde logo, abundan as citas na veciña serra do Xurés.

Así que este enorme depredador campaba polos montes galegos ata data recente. Do lince ibérico, sempre se dixo que non chegou a asentarse por completo en Galicia porque a súa presenza estaba moi ligada ao coello. E que, ata as terras de León e de Castela atopaba mellor subministración da súa principal presa. Agora, a confirmación de que había lince boreal cambia as cousas. Trátase dun depredador o dobre de grande e cun catálogo de presas moito máis amplo.

Para atopar o momento en que ambas as liñaxes do lince sepáranse hai que retroceder 1,18 millóns de anos. Foi entón cando a especie de lince boreal diverxeu do lince ibérico e desde ese momento desenvolveron unha clara diferenciación xenética e ecolóxica. Na Idade Media, o boreal extinguiuse en Reino Unido e durante os séculos seguintes o tamaño das súas poboacións empezou a diminuír nas terras baixas europeas.

O lince boreal cazaría en Galicia cabalos de monte e corzos

Nos últimos 200 anos esta redución intensificouse, dando lugar a extincións locais frecuentes a principios do século XX. É probable que Galicia sexa un destes territorios. Nese momento, o felino desapareceu da maior parte do sur, oeste e centro de Europa debido á deforestación, a presión directa, a competición e a diminución da súa principal principal presa, o corzo, moito máis grande que a do seu “curmán” ibérico, máis de coello.

Con todo, aínda podemos ver linces boreais na Europa occidental. As diversas estratexias de conservación desenvolvidas (sobre todo a partir dos anos 70 con programas de reintroducción nos Alpes e outros sistemas montañosos) permitiron frear estas extincións locais.

O certo, con todo, é que non fai moito o lince boreal aínda campaba polas serras de Galicia. E que os galegos podían atopar no monte ao “lobo cerval“, un animal de aparencia temible e ao que os paisanos alcumaban tamén “O Tigre“.

19 COMENTÁRIOS

  1. Hai 15 anos levaba unha exposición itinerante de fauna ibérica polos concellos de Ourense. ademais de nen@s, viñan visitala grupos da terceira idade:residencias, escolas de memoria… Tod@s pasaban dos 80 anos, e por 3 veces me pasou que me sinalaron a foto dun lince como animal galego: en Allariz 2, e en Verín. Lembro falarlles do gato do monte, e elas e eles insistir que non, que era como a foto do lince: gato bravo ou tigre chamáranlle. Del contaban que era esquivo, difícil de atopar, e que mataba coellos e pitas.

  2. Non sei si e importante,pero fai sobre 15 anos mais ou menos min a cacería de jabalí en Moman Villalba estando atallando o jabalí e os cas con coche cruzou me un lince enorme e muí delgado a 10 metros do coche,Eo conocía os linces pero este era fora do normal,muí alto e largo,nada que ver cos linces que vira en Doñana

  3. Os que sosteñen que a inviabilidade actual do lince ibérico, derivada do seu aillamento xenético, xa ven de moi atrás, cando na última glaciación ficou isolado do contacto esporádico co lince boreal através dos Pirineos (o cal insuflaba de vez en cando algo de sangue novo que evitaba os grandes problemas derivados da súa endogamia: problemas nos testículos, mala calidade do semen, cachorros con epilépsia, etc ) van ter logo que revisar esa teoría, pois quedaría demostrado que o seu contacto sexual esporádico era cos boreales do norte da Península e, de ser así, non tería que ver directamente cos xeos perpetuos nos Pirineos que impedirían o paso dos do sur da actual Francia. Pero entón cabería aplicar esa teoría ao lince boreal do norte da Península, que podería chegar a ter problemas de variabilidade xenética por ese mesmo aillamento cos seus irmaos cosanguíneos do resto de Europa. Para cando os xeos se retiraron, xa se podería ter retraído a poboación do outro lado, de maneira que a inviabilidade daría cabo das nosas poboacións ao non se poder misturar máis. O lince ibérico, que ata fai pouco se benificiaría da existencia peninsular do boreal, estaría agora abocado á súa propoa inviabilidade. De calqueira xeito, chama a atención que un dos linces ibéricos que se soltrou fai uns meses por Extremadura, con chip de control por GPS, subíu cara a provincia de Ourense e decidíu volver baixar, sendo atropelado ás aforas da cidade do Porto por un coche. Podería isto indicar que Galicia segue a non ser lugar atractivo para esa especie e reforzaría a teoría do noso lobo cerval como Linx linx?

  4. Os que sosteñen que a inviabilidade actual do lince ibérico, derivada do seu aillamento xenético, xa ven de moi atrás, cando na última glaciación ficou isolado do contacto esporádico co lince boreal através dos Pirineos, o cal insuflaba de vez en cando algo de nova sangue que evitaba os grandes problemas derivados da súa endogamia (problemas nos testículos, mala calidade do semen, cachorros con epilépsia, etc), van ter logo que revisar esa teoría, pois quedaría demostrado que o seu contacto sexual esporádico era cos boreales do norte da Península e, de ser así, non tería que ver directamente cos xeos perpetuos nos Pirineos que impedirían o paso dos do sur dea actual Francia. Pero cabería aplicar esa teoría ao lince boreal do norte da Península, que podería chegar a ter problemas de variabilidade xenética por ese mesmo aillamento. Para cando os xeos se retiraron, xa se podería ter retraído a poboación do outro lado, de maneira que a inviabilidade daría cabo das nosas poboacións ao non se poder misturar máis. O lince ibérico, que ata fai pouco se benificiou da existencia peninsular do boreal, estaría agora abocado á súa propoa inviabilidade. De calqueira xeito, chama a atención que un dos linces ibéricos que se soltrou fai pouco por Extremadura, con chip de control por GPS, subíu cara a provincia de Ourense e decidíu volver baixar, sendo atropelado ás aforas da cidade do Porto por un coche. Podería indicar que Galicia segue a non ser lugar atractibo para esa especie?

  5. Velaí vai a miña anécdota. Foi en 1978, tiña 5 anos e ía cos meus pais de volta para Ourense pola estrada de Ponte Caldelas á Cañiza pola serra do Suido. Era unha tarde de domingo con orballo e algo de néboa. A altura do val do río Alén baixando hacia Maceira saltou dende a parte superior un animal xusto uns metros diante do coche. Deu un chimpo co que case saltou dunha beira á outra da estrada. Meu pai freou o coche en seco do susto. Recordo que a impresión que me causou foi tal que é dos meus primeiros recordos. O animal era grande e o corpo tipo felino, non era un lobo ou un raposo. Recordo que meu pai dixo que sería un gato montés pero o certo que era moi grande. Podería ser algún dos últimos exemplares de cerval?

  6. Teño datos da Serra do Larouco no concello de Baltar en Ourense, concretamente na zona boscosa da Rousía, alí atopabanse os tigres que segundo os habitantes da localidade de Montecelo ” se botaban a xente ” en 1968 foi cazado un destes tigres na zona

  7. Pregunteille hai anos ó meu pai sobre á existencia de grandes felinos no monte.
    El recorda que sendo pequeno cazaran un veciños un nos montes de Cotobade. (Primeiros anos 50)
    Non sei se existiu outro gran felino en Galicia, ou se podía ser este.

  8. Fai xa varios anos saindo de traballar na estación invernal de Manzaneda,sendo xa de noite cruzouseme un animal de esas características,o caso que me estrañou moito.

  9. Levei unha sorpresa o chegar a este artigo a través do Facebook por unha historia que contaba meu pai de cando el era pequeno(anos 40). Dicía que unha vez seu pai había atopado no monte un lobo serval ferido e que o levou para casa, puxérono nunha corte pero non podían nin acercarse a el e como non se daba recuperado o meu abuelo acabou matándoo e e acabou na ola.
    Dicía meu pai que tiña moitísima carne e que comeron moitos dias del(estamos a falar dos anos da fame). Meu abuelo tentou curtir a pel por que pagaban moito por ela pero non lle quedou ben e non a deu vendido. Meu pai falaba del como un lobo con pintas coas orellas en punta e rabo moi curto e que tiña as patas como as dun león dos que saian na televisión.
    Cerca da casa dos meus avós aínda hoxe en dia existe unha finca chamada finca do serval.
    Sempre pensei que esta historia era froito da imaxinación do meu pai, pero despois de ler isto preguntei a un tío meu que aínda vive e confirmouma aínda que el non chegou a velo vivo por que lle tiña moito medo.

  10. Un artigo que podería ter algunha outra referencia, como o nome de león ou leona, aplicado ao lince e conservado na toponimia dos nosos montes. E falando de montes, e de serras, parte do macizo central leva o nome de serra de Queixa, sendo ese “queixa” un nome dado ao lince nestas terras. En sí sería un ser mitolóxico, con orellas puntiagudas, barba, sen rabo, e que dá saltos de tres metros. Básicamente, unha representación gráfica do lince.
    Hai incluso algún avistamiento recente, sen contrastar, e algún que outro estudo levado a cabo por particulares e asociacións, digamos, naturalistas.
    Unha crítica que agardo sexa constructiva, e sirva pra dar pé a outro artigo mais longo e completo.

  11. No ano 2009 publicouse no blogue Ao noroeste do Noroeste este artigo onde xa se sospeitaba da existencia do lince boreal en Galicia: http://costaartabra.blogspot.com.es/2009/11/do-loberno-e-as-suas-paisaxes.html e se estudian algunhas referencias bibliográficas ao lynx sp- na Historia de Galicia, así como os seus diversos nomes. Salientar que baixo o nome de loberno estaba vivo na Serra da Capelada en 1799 como confirma o denominado Informe Vallina. Mesmo existe unha cova coñecida como O Furado do Loberno.

  12. Puede ser ma pequeño del lince, pero con la cola larga, motedo, mas grande. Hace 2 años vi una pareja algo mas grande q una gineta, soy del Bierzo, cerca de noceda

  13. Eu teño recollidas referencias documentais deste animal dende o século XVI nas terras da antiga provincia de Lugo

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

A gran eclipse solar de abril: cando e onde vela en Galicia?

Este fenómeno astronómico será visible de maneira parcial no oeste da comunidade, especialmente na franxa atlántica da Coruña e Pontevedra

O mapa dos ‘químicos eternos’ en Galicia: ata 70 zonas sospeitosas de grave contaminación

Unha investigación europea sinala a presenza no continente destas substancias nocivas para o medioambiente e a saúde

Identificado un novo campamento romano na fronteira entre Galicia e Portugal

Un equipo de arqueólogos detecta un posible recinto fortificado de tres hectáreas de extensión datado entre os séculos I a.C. e I d.C.