Venres 19 Abril 2024

Atopan castañas de hai mil anos no Castelo Grande de Mos

Árbore Arqueoloxía atopou tamén unha cuncha de ostra de 900 anos, achados que falan da alimentación na fortaleza medieval

Castañas con mil anos de historia e cunchas de ostras das ‘mariscadas’ dos antigos poboadores do Castelo Grande de Mos. Son os achados máis salientables da segunda intervención arqueolóxica nesta fortaleza, que tiña unha función de control e vixilancia sobre o Val do Louro.

“Estamos ante o magosto máis antigo de Galicia”, proclamaban con humor dende a cooperativa Árbore Arqueoloxía, encargada da investigación. As tres castañas atopadas están datadas hai 1.200 anos e supoñen un fito arqueolóxico, xa que non é doado atopar restos orgánicos tan ben conservados con esta antigüidade.

Publicidade

A cuncha de ostra con 900 anos atopada en Mos. Foto: Árbore.

No que atinxe á cuncha da ostra, a datación sitúase nuns 900 anos e amosa como nesta zona do interior, pero preto da ría de Vigo, os habitantes consumían produtos do mar.

A clave para a conservación das castañas é moi similar ao que aconteceu no castro de Nabás, en Nigrán, onde un incendio permitiu atopar restos de madeiras e outros materiais orgánicos de hai dous mil anos.

O incendio de Nigrán que segue falando 2.000 anos despois

A fortificación medieval de Castelo Grande xa deu novas na primeira investigación arqueolóxica hai dous anos, apuntando a actividade dun ferreiro no alto da torre, a 400 metros sobre o nivel do mar.

A fortaleza domiñaba o Val do Louro, aínda que non semella relacionada con outras da bisbarra como o Faro de Budiño, o Castelo de Cans ou a fortaleza do Galiñeiro. E tamén está descartada a posibilidade de que fose derrubada polos Reis Católicos durante a coñecida como “doma e castración do Reino de Galicia”.

Tras estes traballos, os arqueólogos descubriron o período de ocupación de Castelo Grande, que é anterior ao que se pensaba: foi entre os séculos XI e XIII, coincidindo coa época de maior esplendor do Reino de Galicia.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha trintena de casos de dengue en Portugal: debemos preocuparnos en Galicia?

O mosquito tigre, vector da enfermidade infecciosa, detectouse por primeira vez no territorio galego no verán de 2023